Site icon Crónica3.com A Mariña

A feira monográfica Expomar celebrarase do 19 ao 22 de maio de 2011 en Burela

Nota de prensa

Expomar 2011

A feira monográfica Expomar celebraráse os días 19, 20, 21 e 22 de maio de 2011, segundo informaba o rexedor e presidente da Fundación Expomar. Llano explicou que “pensamos que esas datas son as mellores dado que a seguinte semana coincide co inicio das festas patronais de Burela e así non influirían unha cousa coa outra, cremos polo tanto que eses días son os máis axeitados”.

O alcalde dixo que “temos 3.500 metros cadrados na nave de redes, que é onde facemos esta feira monográfica, e o noso propósito pasa por ocupar o 60% desa superficie. Tentaremos manter os expositores que xa viñan e outras novidades para facer máis amplia e máis atractiva a exposición para todos aqueles profesionais que se sintan atraídos pola náutica pesqueira. E tamén queremos facer eses días as xornadas técnicas e os encontros empresariais para darlle máis importancia e relevancia a Expomar”. A Fundación Expomar está a recabar nestes momentos apoios económicos institucionais para sufragar a organización do evento. Llano engadiu que “procuraremos motivar á xente para que acuda a esta cita e que a feira continúe a ser unha referencia no Cantábrico”.

Exit mobile version