Nota de prensa
O GPPP entende que a Xunta de Goberno celebrada hoxe na Deputación refrenda a vagancia e ineficacia do equipo que lidera Besteiro
* Os populares reprochan ó goberno provincial que a súa falta de traballo e adicación sáelle moi cara a todos os lucenses. Salientan que a Deputación terá que pagar más de 30.000 euros de indemnización a unha empresa porque non se executou unha obra para a que fora contratada hai tres anos e medio
* Tamén lle recrimina que tivera “paralizada” dende 2007 a expropiación dos terreos necesarios para a mellora dunha estrada entre Pedrafita e O Courel
Lugo, a 12 de novembro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular considera que “unha boa mostra” da “ineficacia” do goberno que presidente José Ramón Gómez Besteiro foi a Xunta de Goberno celebrada hoxe na que se retomou o expediente expropiatorio da obra Pedrafita do Cebreiro-estrada provincial Seoane de O Courel (PK 0-3,5) e se rescindiu o contrato da obra denominada Riotorto, Marco de Alvare-As Rodrigas (PK 0-5,8).
O voceiro adxunto dos populares na administración provincial indicou que o día 12 de xullo de 2007, a Xunta de Goberno da Deputación aprobou o proxecto da obra Pedrafita-O Courel e acordou iniciar o proceso expropiatorio para levar a cabo esta actuación. “É imposible”, asegura José María González Barcia, “maior vagancia: unha obra paralizada durante tres anos e medio porque a Deputación foi incapaz de continuar un procedemento que xa lle deixar feito o anterior goberno provincial”.
O mesmo aconteceu, segundo consta no propio expediente da Xunta de Goberno de hoxe, coa obra de Riotorto, que fora adxudicada, tamén en Xunta de Goberno, concretamente na do 11 de maio de 2007 e por importe de algo máis de un millón de euros, pero que non chegou a realizarse porque a Deputación “parece que non reparou en que estaba adxudicada e esqueceuse de executala”. A empresa adxudicataria, dado o tempo transcurrido, solicitou a rescisión do contrato para poder recuperar os máis de 40.000 euros que tivera que depositar como fianza e, “polo olvido do equipo que dirixe Gómez Besteiro”, a Deputación terá que indemnizala con 30.979,70 euros.
“O bochornoso resumo”, salienta Barcia, “é que a obra está sen facer e, por riba, todos os lucenses, como consecuencia da incompetencia do goberno provincial, terán que facerse cargo do pago de máis de cinco millóns das antigas pesetas para compensar o dano causado á empresa”.
“Esta é a xestión que socialistas e nacionalistas fan na administración provincial: non traballan e, para colmo, esa falta de adicación ó traballo do equipo de goberno, polo que non hai que esquecer que cobran, en conxunto, 1.391.322,3 euros, ós que hai que engadirlle os 751.052,9 euros que perciben os seus 27 asesores, custálle a todos os lucenses, e só neste caso concreto, a nada desdeñable cifra de más de cinco millóns das antigas pesestas”, explicou.