Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación mobiliza 42 operarios e 20 vehículos para atender incidencias do temporal

Nota de prensa

A Deputación mobiliza a 42 operarios e 20 vehículos para atender as incidencias que ocasione o temporal de vento e choiva
– Arestora cómpre circular con precaución pola  CP 0702 en Cervantes, debido á presenza de neve o que provocou que quedase atrapado un camión, e polas CP 6010 e CP 6402 na Mariña, nas que se produciron asolagamentos

– A intensidade das choivas caídas nas últimas horas provocou tamén caídas de árbores e 10  viais de Montaña, que xa foron retirados da calzada

– O dispositivo despregado polo organismo provincial permanecerá en alerta ata que remita o temporal

A Deputación mantén despregado dende onte un amplo dispositivo para atender as incidencias que poida ocasionar o temporal de vento e choiva que está a afectar á provincia e con máis forza á Mariña, onde a flota permanece amarrada e se rexistraron rachas de 100 quilómetros por hora. Nestes momentos, as empresas adxudicatarias da Conservación da rede viaria provincial están a traballar para atender todas as incidencias rexistradas. En total, o amplo dispositivo despregado pola Deputación está formado por 42 operarios e 20 vehículos.

Arestora cómpre circular con precaución pola CP 0702 en Cervantes, debido á presenza de neve o que provocou que quedase atrapado un camión, e polas CPs  0610, que vai de Ribadeo a Barreiros, e CP 6402 no Vicedo, nas que se produciron asolagamentos.

Asimesmo, a intensidade das choivas tamén ocasionaron caídas de árbores en 10 viais da Montaña, que nestes momentos xa foron retirados da calzada. É o caso das estradas 0703, 0705 e 0709, en Becerreá; nas CPs 1904 e 1910 en Fonsagrada; na CP 3606 en Negueira de Muñiz; nas CPs 3701 e 3704 nas Nogais; na CP 504 en Quiroga; e na CP1306 que comunica Samos con Incio.

O dispositivo mobilizado pola Deputación continúa en alerta para atender calquera tipo de incidencia que poida xurdir ó longo das vindeiras horas nas estradas da súa titularidade, garantindo a seguridade dos usuarios das mesmas.

Exit mobile version