Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación aínda non adxudicou os traballos da travesía municipal no Perdouro, advirte o PP de Burela

Nota de prensa

O GMPP advirte que a Deputación ainda non adxudiciou os traballos da travesía municipal no Perdouro.

Consideran que se deben acelerar os trámites.

Os populares lamentan, pero non se sorprenden, que a situación se prolongue xa dez meses.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) burelés advertiu hoxe que “a Deputación de Gómez Besteiro ainda non adxudicou os arreglos da travesía municipal á altura do Perdouro”. De feito, aseguran os populares, “na Xunta de Goberno celebrada o pasado día cinco do presente mes a Deputación limitouse a aprobar o pliego de condicións e a memoria, e iniciar un procedemento negociado sen publicidade, pero a obra ainda non está adxudicada”.

Os populares cren que “a Deputación debería de acelerar o procedemento, porque vai para dez meses que a travesía municipal está no estado que está, e imaxe que se está a dar é realmente lamentable”. Ademais, indican, “o inverno está aí, e con mal tempo será máis complexo levar a cabo esa actuación, dada a presencia dun cauce fluvial”. Os populares non entenden que “coa cantidade de viaxes que leva feito o alcalde á Deputación, Besteiro tardase tanto en darlle unha solución a este asunto, porque o proxecto está feito desde marzo”.

Ademais, os membros do PP desconfían de que o proxecto recolla as actuacións necesarias para deixar a travesía en boas condicións, e de que o presuposto, de setenta e cinco mil euros, sexa suficiente para facer o que hai que facer.

O GMPP burelés lamenta que o alcalde non teña máis axilidade e capacidade de traballo, porque este asunto debería estar resolto xa hai meses. Tampouco nos extraña porque así pasa con todas as cousas no concello de Burela.

Exit mobile version