Nota de prensa
A DELEGACIÓN DE IGUALDADE CONVOCA O CUARTO CONCURSO DE MICRORELATOS SOBRE A VIOLENCIA DE XÉNERO. O PRAZO DE PRESENTACIÓN DOS TRABALLOS REMATA O VINDEIRO 20 DE NOVEMBRO.
Neves Cando explica que “poden participar todas aquelas persoas que o desexen aportando o seu microrelato segundo as bases que poderán consultar no noso Centro de Información ás Mulleres”. O prazo de entrega dos traballos remata o vindeiro 20 de novembro “e con posterioridade aos actos que desenvolveremos o día 25 para visibilizar esta lacra social, que é a violencia machista, daremos a coñecer o nome das persoas gañadoras desta cuarta edición”. A responsable de Igualdade sinalou que “coincidindo con estas datas distribuiremos a publicación que recolle os tres relatos gañadores do ano pasado”.
A edil nacionalista engadiu que “a reflexión sobre esta violencia e a plasmación escrita da mesma e das súas consecuencias sociais é o obxectivo que nos plantexamos un ano máis para tratar de erradicar entre todas e todos este tipo de violencia que cada ano se cobra a vida de moitas mulleres no noso país”.