Site icon Crónica3.com A Mariña

A corporación de Xove pide á Deputación un plan de mellora da súa rede de viais en no concello

Nota de Prensa

NOTA DE PRENSA

CONVOCATORIA Da SESIÓN ordinaria Do PLENO  DE 15 DE novembro de 2010.

1. Aprobación dos borradores das actas das sesións plenarias de datas 20 de setembro de 2010 e 11 de outubro de 2010.

Aprobado por unanimidade.

2. Moción  do Grupo Municipal do BNG, sobre as modificacións  na identificación, rexistro e control das explotacións agrarias. Adopción de acordo.

Esta moción foi rexeitada cos votos do Grupo de Goberno e de AVEXO. Por parte do Alcalde respóstase que coa actual reforma do sistema realizada pola Consellería de Medio Rural se mellora a eficacia na identificación e rexistro do gando bovino, podendo os agricultores realizalos cambios pertinentes mediante a Oficina Agraria Virtual (via Internet) ou ben vía telefónica.

3. Moción do Grupo Municipal do BNG, para demandar atención e servizos de calidade na sanidade pública. Adopción de acordo.

Nesta moción, o Alcalde ofreceulle ao BNG  un acordo sempre e cando se modificaran os puntos 2, 6 e 7 da moción, cunha nova redacción dos mesmos, sinalando, ao mesmo tempo, as melloras que o actual goberno da Xunta de Galicia está a conseguir neste eido. Concretamente o Alcalde citou as baixadas nos tempos de demora e nos tempos de espera quirúrxica que se están a producir con respecto aos anos do goberno bipartito.

Ao non aceptar o BNG modificación ningunha na moción, esta foi rexeitada, votando en contra o Grupo de Goberno e AVEXO, e a favor  o BNG e o PSOE.

4. Moción do Grupo Municipal do BNG,  para o mantemento do NoiteBus. Adopción de acordo.

Por parte do Grupo de Goberno do PP, o Alcalde manifestou que están a favor do Noitebús, pero non tal como está agora. Este servizo, que ten o seu orixe nun goberno popular, presenta na actualidade un carácter deficitario en moitas das súas lineas. Dado que estamos nun tempo de crise, considérase incrongruente manter liñas de autobús moi custosas só para 2 ou tres ususarios, dahí que o PP consedere que haxa que buscar fórmulas para mellorar a calidade e rendabilidade do servizo.  A implicación doutros sectores directamente involucrados e beneficiados considérase importante, dahí que se propoña incorporar a este servizo, e que axuden a costealo, ás empresas de autobuses que realizan o propio servizo e tamén ás empresas e asociación de empresas de lecer  que son as destinatarias finais deste servizo de transporte. A moción foi rexeitada por 8 votos en contra (PP e AVEXO)  por 2 a favor (BNG e PSOE).

5. Proposta de Alcaldía, en relación co nomeamento dun membro da Corporación Local para formar parte do Consello Escolar do CEIP “Pedro Caselles Rollán”. Adopción de acordo.

Acórdase nomear  á Concelleira  Mª dolores Meitín Guerreiro.

6. Proposta de Alcaldía, en relación co nomeamento dun membro da Corporación Local para formar parte do Consello Escolar do IES “Illa de Sarón”. Adopción de acordo.

Acórdase nomear  á Concelleira  Mª dolores Meitín Guerreiro.

7. Proposta de Alcaldía, sobre os viais de titularidade da Diputación Provincial no Concello de Xove. Adopción de acordo.

Comeza esta proposta cunha exposición informativa sobre o estado dos 47.931 metros de pistas da Deputación de Lugo no noso Concello, que conforman as arterias comunicativas internas máis importantes do termo municipal e as cales, durante os tres anos e medio últimos non foron obxecto de ningunha mellora por parte da Deputación, o que fai que se atopen nun estado lamentable, e isto, despois das numerosas peticións por escrito realizadas dende  o Concello.

Non conformes con isto, dende a Deputación anúlanse as execucións de dúas importantes obras que xa estaban adxudicadas, que son:

– Vial de novo trazado desde a intersección da Urbanización Palmeiro ata a ponte do Tarolo na  estrada 2604 “ De Xove, por Monte, a Valcarría “.

– O ensanche, acondicionamento  e mellora do trazado da estrada  2602   “ Do Portiño de Morás ao Prado do Cura “, vial que sen dúbida e unha das estradas da Deputación con máis tráfico de toda a provincia de Lugo.

Segundo isto, dende a Alcaldía realízase a seguinte proposta para que sexa aprobada polo Pleno:

1º.- Se inste á Deputación Provincial de Lugo para que, con carácter de urxencia e por razóns de seguridade vial, acometa a execución dun plan de mellora  dos 47.931 metros da súa rede de viais en Xove.

As obras a executar deben te-la entidade e o rigor necesarios para acada-lo obxectivo de mellora-lo estado de conservación dos viais e incrementa-la seguridade dos usuarios non vaia a suceder o que xa ten sucedido anteriormente, por exemplo na estrada 2602 “ Do Portiño de Morás ao Prado do Cura “, que as obras executadas eran tan  “ chapuzeiras “ que  en lugar de solucionar un problema o agravaron aínda maís

2º.- Se inste á Deputación Provincial de Lugo para que retome os 2 proxectos de inversión anulados:

– Vial de novo trazado desde a intersección da Urbanización Palmeiro ata a ponte do Tarolo na  estrada 2604 “ De Xove, por Monte, a Valcarría “.

– O ensanche, acondicionamento  e mellora do trazado da estrada  2602   “ Do Portiño de Morás ao Prado do Cura “.

3º.- Dar traslado do acordo plenario que sexa adoptado ao Presidente da Deputación Provincial de Lugo, ao Delegado Provincial de Vías e Obras e aos voceiros dos grupos políticos con representación na Corporación Provincial.

Realizada a votación, esta proposta da Alcaldía foi aprobada por unanimidade.

Antes de pasar a rogos e preguntas, debido a súa urxencia, levouse ao Pleno un Expediente de Modificación de Crédito por importe de 41.000 €uros  para facer frente a dúas subvencións. Aprobouse a urxencia da moción.

Coa primeira subvención peténdese mellorar a área do mercado de Xove, cambiando aceras, a rede de abastecemento de auga e mellorando o saneamento, así como dotando a área dunha mellor sinalización. Coa segunda subvención preténdese reducir  o gasto enerxético da Rúa Lavandeira, cunha subvención do INEGA.

Realizada a votación deste  Expediente de Modicación de Crédito, decir que foi aprobado por unanimidade.

8. Rogos e Preguntas.

Pregunta o BNG pola devolución aos usuarios  da cuota da Piscina Municipal dos meses en que estivo pechada por obras.

Por parte do Alcalde se lle agradece o recordatorio ao BNG, pero non facía falla, dado que o Concello xa ten en marcha a devolución da cuota, tal como se recolle no punto único dun Decreto do Alcalde:

ÚNICO.- Aprobar a devolución da taxa pola prestación do servizo de piscina municipal no importe de un trimestre nos casos que proceda. Non obstante, por unha meirande axilidade práctica e co consentimento do usuario, para aqueles casos en que o usuario manteña a condición de socio en 2011, poderase proceder a prorratear a tarida de 2011 polo importe do trimestre referenciado.

—-
PROPOSTA DE ALCALDÍA

A rede de estradas da titularidade da Deputación Provincial de Lugo no termo municipal de Xove , ten unha lonxitude de 47.931 metros, distribuidos do seguinte xeito:

Estrada    Denominación      Lonxitude

2601 De Xove ao Portiño de Morás    5.523 metros.

2602 Do Portiño de Morás ao Prado do Cura  4.790 metros.

2603 Da LU-862 en Xove, por Chao da Aldea,

á de Xove  ao Portiño de Morás.       217 metros.

2604 De Xove, por Monte, a Valcarría.           13.345 metros.

2605 Da Tronca, por Vila, a Tarolo.     3.079 metros.

2606 De Xove a Rocha.       1.587 metros.

2607 Do Cruceiro, por Portocelo, á de Xove ao

Portiño de Morás.                9.935 metros.

2609 De Sumoas a Toimil.      2.510 metros.

2601 De A Vara, pola praia de Esteiro,a Aréa   4.405 metros.

6606 De Augadoce, por Faro, a Fontao.    2.540 metros.

Os viais relacionados pódense considerar como as arterias de comunicacións maís importantes no interior do termo municipal de Xove e nalgúns casos son o único medio de acceso rodado a importantes núcleos de población.

A pesar de que a rede viaria da Diputación Provincial no noso Concello non supera os 50 Km., no que vai de presente legislatura, é dicir nos últimos 3 anos e medio, a Deputación Provincial de Lugo non so non ten realizado ningunha mellora nos viais relacionados a pesar do seu deficiente estado de conservación e a pesar das numerosas peticións por escrito realizadas desde o Concello, senon que se dedica  a anula-la execución de importantes obras que xa estaban adxudicadas, tal é o caso de:

– Vial de novo trazado desde a intersección da Urbanización Palmeiro ata a ponte do Tarolo na  estrada 2604 “ De Xove, por Monte, a Valcarría “.

– O ensanche, acondicionamento  e mellora do trazado da estrada  2602   “ Do Portiño de Morás ao Prado do Cura “, vial que sen dúbida e unha das estradas da Deputación con máis tráfico de toda a provincia de Lugo.

A día de hoxe, o estado e situación das estradas da Deputación  pódese considerar tercemundista ata o punto que, debido á súa lamentable estado de conservación a circulación por ditas estradas supón un grave problema de seguridade vial e un risco para os usuarios.

A falla absoluta de inversións da Deputación Provincial no Concello de Xove no mantemento, conservación e mellora dos seus viais, contrasta chamativamente coas cuantiosas inversións que esta a facer noutros Concellos. Neste eido resulta especialmente rexeitable, por discriminatroria e inxusta, a importante inversión realizada pola Deputación nas obras de acondicionamento e mellora nun vial da  Parroquia de Valcarría no Concello de Viveiro; obras que detiveronse xusto no límite con Xove donde comenza a estrada 2604 “ De Xove, por Monte, a Valcarría “ a pesar do pésimo estado de conservación no que se atopa este tramo.

En relación con este asunto é necesario lembrar que o Concello de Xove a través do recargo provincial do IAE é un dos Concellos que máis fondos aporta de xeito que na actualidade a diferencia entre o que Xove aporta á Deputación e o que recibe desta non ten xustificación ningunha.

Doutra banda compre salientar que a inacción absoluta, no termo municipal de Xove, do Servicio de Obras da Deputación Provincial en materia de obras é simultánea cun incremento frenético e desproporcionado da actividade dos seus servicios de inspección os cales no seu afán recaudatorio están a protagonizar actuacións inspectoras que rozan o ridículo como é o caso de parar obras consistentes en reparar os cristais dunha ventana por non ter solicitado autorización á Deputación.

Pódese afirmar que a actuación do Servicio de Vías e Obras da Deputación Provincial no Concello de Xove ,por activa e por pasiva, amosa unha incontestable falla de respeto ao  Concello e a todólos veciños.

Polo exposto propoño que o Concello Pleno adopte acordo polo que:

1º.- Se inste á Deputación Provincial de Lugo para que, con carácter de urxencia e por razóns de seguridade vial, acometa a execución dun plan de mellora  dos 47.931 metros da súa rede de viais en Xove.

As obras a executar deben te-la entidade e o rigor necesarios para acada-lo obxectivo de mellora-lo estado de conservación dos viais e incrementa-la seguridade dos usuarios non vaia a suceder o que xa ten sucedido anteriormente, por exemplo na estrada 2602 “ Do Portiño de Morás ao Prado do Cura “, que as obras executadas eran tan “ chapuzeiras “ que en lugar de solucionar un problema o agravaron aínda maís

2º.- Se inste á Deputación Provincial de Lugo para que retome os 2 proxectos de inversión anulados:

– Vial de novo trazado desde a intersección da Urbanización Palmeiro ata a ponte do Tarolo na  estrada 2604 “ De Xove, por Monte, a Valcarría “.

– O ensanche, acondicionamento  e mellora do trazado da estrada  2602   “ Do Portiño de Morás ao Prado do Cura “.

3º.- Dar traslado do acordo plenario que sexa adoptado ao Presidente da Deputación Provincial de Lugo, ao Delegado Provincial de Vías e Obras e aos voceiros dos grupos políticos con representación na Corporación Provincial.

Exit mobile version