Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de Cultura de Xove convocou o IV Concurso de Postais para escolares

O Concello de Xove organiza IV Concurso de Postais, dirixido a nenos/as e rapaces/as de Preescolar, Primaria e ESO. Esta actividade englóbase dentro do Programa de Actividades de Nadal do Concello. Dentro do Concurso imos ter cinco categorías: Categoría Preescolar (nenos/a de 3, 4 e 5 anos). Categoría de 1º e 2º de Primaria. Categoría de 3º e 4º de Primaria. Categoría de 5º e 6º de Primaria. Cateogría de 1º a 4º de ESO. As postais estarán relacionadas con motivos navideños, e os traballos  presentaranse en tamaño axustado a unha cuartilla (medio folio A4). As técnicas a empregar serán libres: debuxo a lapis, rotuladores, ceras, collages, etc. Os traballos haberá que entregalos na Biblioteca Pública Municipal de Xove, lugar onde serán expostos todos. O prazo de presentación de traballos remata o 24 de decembro. Haberá tres premios por categoría, e consistirán estes en libros ou material escolar. O fallo do xurado darase a coñecer antes do 5 de xaneiro, e a entrega dos premios realizarase o 5 de xaneiro,  unha vez remate a Cabalgata. Un dos traballos que se premie nesta edición servirá como postal institucional o ano vindeiro.

Exit mobile version