Site icon Crónica3.com A Mariña

A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública pide nunha carta ao PP de Foz unha entrevista con Feijo

Carta ó PP de Foz da Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública

Estimados membros do PP de Foz.

A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública e coñecedora, a través da prensa, que o Presidente Feijoo vai acudir este mes a Foz a unha comida para presentar o candidato as eleccións municipais do vindeiro Maio 2011.

Como vostedes saben a Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública de Foz ten solicitado xa fai moito tempo unha entrevista co señor Feijoo. Solicitude que ata a data de hoxe non recibiu resposta algunha.
A Comisión Focega en Defensa da Sanidade Pública, a través do presente escrito, quere solicitarlle a Agrupación Local do PP de Foz, que faga as xestións necesarias para que aproveitando a visita anunciada, poda levarse a cabo unha reunión entre o Presidente Feijoo e os membros desta Comisión.

Sen outro particular, reciban un cordial saúdo.

Exit mobile version