Nota de prensa
MATERIALES CERÁMICOS SA
Nesta empresa leváronse a cabo tres ERE´s de suspensión de contratos. O primeiro ERE foi do 1 de xaneiro ata o 1 de xullo 2009 (supensión de 31 contratos dun total de 38); o segundo foi unha continuación do anterior, ata o 1 de xaneiro 2010; o terceiro ERE foi dende o 5 de xaneiro ate o 31 de outubro de 2010 (suspensión de 35 contratos dun total de 37). Todos eles baseados en causas «económicas, organizativas e produtivas». Nos dous primeiros, as causas aludidas pola empresa eran a falla de saída do material, e polo tanto o elevado stock, así como a falla de liquido e as débedas e morosidade. Á finalización do 2º ERE, que xa ia un ano, a empresa non considerou as medidas de suspensión dos contratos, dos dous ERE´s anteriores, suficientes para lograr a recuperación da situación económica, técnica, organizativa e de produción óptima para reanudar a actividade. Polo que propón encadear un terceiro ERE de 10 meses, ademais dos argumentos usados nos ERE´s anteriores, engádese a necesidade de construción dunha nova planta de produción, por considerar obsoleta a existente, e aportase o proxecto construtivo.
Logo da negociación das condicións cara a chegar a acordos, e dentro dos prazos habilitados, os tres ERE´s foron aceptados pola maioría dos/as traballadores/as nas asembleas celebradas ao efecto. Isto a pesares de que dende os servizos técnicos da CIG non só non se consideraban debidamente acreditadas, senon que algunhos datos eran contraditorios, o obxectivo que se persegue non está avalado de tal xeito que poidamos despois verificar o seu cumprimento, dende a parte social non se ten opción a facer un seguimento respecto do cumprimento ou non dos obxectivos marcados nos dous anteriores expedientes, tampouco no terceiro. Todo isto é a demostración fáctica de que non hai nin houbo nunca un plan de viabilidade. Hai improvisación, nada máis.
O 2 de novembro de 2010, a plantilla reincorporase ao centro de traballo de Burela, o proxecto que se supón en construcción no poligono de Foz aínda non ten nin columnas, e en Burela o único traballo que realiza o persoal é a limpeza das instalacións. Este mesmo día 2, dous traballadores son despedidos, e o resto pasan polas oficinas, supostamente para ser INFORMADOS DA SITUACIÓN. Na semana do 8 de novembro a empresa reunese cos representantes dos traballadores para trasladarlles a intención de propoñer outro ERE, engadir 4 meses máis enriba dos 22 meses de paro xa consumidos polo persoal. Instaos a celebrar urxentemente asemblea de traballadores/as para plantexarlles este 4º ERE, e a que se asine o acordo con carácter retroactivo á semana da reincorporación. Celebrada a asemblea, aceptado o 4º ERE, dous dos tres Delegados asinan o acordo, todo isto sen documentación algunha, coa advertencia deste sindicato CIG do sin sentido e posible ilegalidade do que estaba acontecendo, reiterando pola nosa parte que se durante case dous anos a empresa manipulou, tergiversou, e ocultou a información que se lle tiña solicitado, a aceptación deste 4º ERE é un acto irresponsable que deixaría aos traballadores sen cobertura de ningunha clase no máis que probable desenlace final. Nin se coñece canto stock vai vendido, nin o que significa en euros, nin se sabe se tería concedidas as axudas precisas para a construcción da fábrica nova.
SINXELAMENTE, UN ACTO DE FÉ DESESPERADA?. O MEDO … FAI DE NOS SERES SEN ALBEDRÍO E SEN RAZÓN.
Dende a CIG, non podemos calar, máis cando desatendendo a razóns obxetivas dous Delegados pola CIG dan o seu paraben a esta cadea de despropositos. O outro Delegado (tamén da CIG) non asinou este ERE ao igual que non asinou o 3º ERE.