Site icon Crónica3.com A Mariña

A choiva non deu tregua aos xogadores na tirada de bolos de Xove en Vilachá

NOTA DE PRENSA

XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 –  IIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2010/2011)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ    ( 20 NOVEMBRO 2010  )40   INSCRITOS:   26  NA LIGA SENIOR,    7  NA LIGA SUB 18  E    7   NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO ARTURO VIGO CASABELLA 188 12
SEGUNDO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 187 10
TERCEIRO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 184 8
CUARTO AUGUSTO ALBO OCAMPO 181 7
QUINTO LUIS RANCAÑO BOUSO 166 6
SEXTO OMAR MACÍAS CABRERA 165 5
SÉTIMO BALBINO GARCÍA RIVEIRA 162 4
OITAVO ADRIÁN BOUSO GAVÍN 160 3
NOVENO SÓCRATES CAMPO SUÁREZ 157 2
DÉCIMO JOSÉ  MANUEL COCIÑA RIVEIRA 154 1
MELLOR BOLADA AUGUSTO ALBO OCAMPO 68 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 120 6
SEGUNDO AITOR BOUSO GAVÍN 118 4
TERCEIRO SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ 87 3
CUARTO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 63 2
QUINTO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO 24 1
MELLOR BOLADA AITOR BOUSO GAVÍN 51 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO BELÉN MEITÍN ROUCO 117 6
SEGUNDO CARMEN ROCA CORRAL 106 4
TERCEIRO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 96 3
CUARTO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 87 2
QUINTO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 84 1
MELLOR BOLADA LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 47 1

INCIDENCIAS DA   7ª  TIRADA

(CENTRO SOCIAL DE VILACHÁ- Sábado, 20 NOVEMBRO 2010)

-Tarde moi chuviosa, que practicamente non deu respiro aos xogadores.

-40 inscritos,    26 na Liga Senior,    7 na Sub 18 e 7 na Liga Feminina.

Liga Senior.-  Tirada moi igualada, o que permite que a cabeza se aprete inda máis. A victoria obtida por Arturo Vigo permítelle acceder ao liderato con 51 puntos, en detrimento de Moisés Rodríguez, quen non foi capaz siquer de puntuar, o que fai que pase ao cuara posición na xeral.  A terceira posición conseguida por Ginés Rodríguez permítelle manter a segunda posición na xeral, seguido agora por José Rafael González, pasa da cuarta á terceira posición gracias aos 8 puntos obtidos en Vilachá.

Como dixemos, Moisés pasa á cuarta posición con 41 puntos, seguido de Luis Rancaño con 39. Estes 5 xogadores son os mellor posicionados para clasificación final, pero por detrais temos xogadores como Francisco Pérez con 28 puntos e César Cancelos con 21 que loitan desesperadamente por non quedarse fora desa loita pola xeral.

Liga Sub 18.- Nesta categoría cambio tamén de líder, dado que  o segundo posto de Aitor e a bolada permítelle acadar a cabeza con 23 puntos, seguido por Salomé Cardoso e Daniel López con 22. Polo tanto, despois de celebradas 7 tiradas, a cabeza nesta Liga non pode estar máis apretada, estando os tres postos do caixón final separados só por un punto. Mías lonxe temos a Samuel Rey e Claudia López con 11 puntos, e Laura Iglesias e Isaias Cardoso con 9.

Liga Feminina.- Nesta categoría non houbo cambio de líder porque a lideresa Dolores Baño tiña moita renda sobor da segunda clasificada, e menos mal, xa que non foi capaz nin de puntuar. Polo tanto, unha semana máis encabeza Dolores Baño con 29 puntos. Carmen Roca tamén mantén a segunda posición gracias aos 4 puntos obtidos, o que lle dá 22 puntos totais neste intre. A victoria obtida por Belén Meitín, a primeira que obtén, permítelle acceder ao terceiro posto da clasificación con 20 puntos; esta posición de Belén é xusta porque está a ser moi regular  e está xogando a un gran nivel, con dous segundos e un primeiro postos nas tres últimas tiradas. O punto obtido por Concepción Meitín non lle chega para manterse no terceiro posto e descende ao cuarto. Quinta está a Sub 18 Salomé Cardoso con 12 puntos e quinta Leonor Casabella con 10.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE MORÁS O VINDEIRO SÁBADO, 27 DE NOVEMBRO DE 2010.

Exit mobile version