Nota de prensa
Lugo acolle por 1º vez en Galicia a mostra internacional Leonardo da Vinci y la Música
– O Centro de Artesanía e Deseño celebra o seu 15º aniversario cunha exposición que recolle a relación do artista coa música logo dunha pioneira e profunda investigación sobre os seus manuscritos
– Luthiers de todo o mundo, -un deles do CENTRAD da Deputación-, amosan 20 instrumentos creados a partir dos deseños de da Vinci tales como a lira de prata en forma de cráneo de cabalo, a viola organista, ou o órgano de papel
– Logo de percorrer Italia, Francia, Xapón, ou México, e converterse na mostra máis visitada da Biblioteca Nacional de España, Leonardo da Vinci y la Música estará na Capela de Santa María e na sede do CENTRAD dende o xoves ó 31 de xaneiro
A Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez, presentou este luns Leonardo da Vinci y la Música, a primeira exposición que recolle a relación do artista coa música logo dun pioneiro e profundo traballo de investigación sobre os seus manuscritos. Lara Méndez subliñou que “a provincia ten o privilexio de acoller por primeira vez en Galicia unha exposición de caracter internacional, que percorreu prestixiosas salas de Italia, Francia, Xapón ou México, e que se converteu ademais na mostra máis visitada da Biblioteca Nacional de España. Con esta mostra, o Centro de Artesanía e Deseño celebra o seu décimo quinto aniversario situando á provincia nun punto referencial no mapa cultural”.
Leonardo da Vinci y la Música basease nos “Códices de Madrid”, tesouros celosamente gardados na Biblioteca Nacional de España dende hai tres séculos. Compóñense de dous manuscritos correspondentes ó período de madurez do artista, -finais do século XV e principios do XVI-, que recollen debuxos, bocetos, notas, e ata unha lista de 116 libros que formaban parte dos fondos da súa biblioteca. Expertos de todo o mundo estudaron por primeira vez este traballo durante anos. O resultado foi unha exposición que amosa a dimensión creativa de Leonardo, a súa relación coa música de maneira científica e lúdica, así como 20 instrumentos realizados de acordo cos seus manuscritos.
6 luthiers de recoñecido prestixio, -un xaponés, un mexicano, e catro españois-, lograron construír a famosa lira de plata en forma de cráneo de cabalo que Leonardo levou á corte do Duque de Milán; a viola organista, un instrumento para música de cámara moi innovador e complexo; ou o órgano de papel. Trátanse de tres instrumentos cos que na actualidade se interpreta o sexteto “l`amore mi fa sollazar” con obras de compositores contemporáneos de da Vinci: Conrad Paumann, Johannes Vincenet, Antoine Busnois, Gulielmus, Isaac, Joanambrosio Dalza ou Josquim Desprez, entre outros.
Composición da mostra e artistas
A Capela de Santa María e a sede do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación son os escenarios desta ampla mostra na que se poderá ver a cronoloxía da vida de Leonardo; facsímiles de varios Códices de da Vinci engarzados nun árbol de plata; 800 fotografías dixitalizadas dos Códides Madrid I e II en español e inglés; sesenta banderolas estampadas de tres metros de alto por un de ancho; experimentos musicais interactivos; mesas temáticas sobre a orixe do son, mecanismos do aire, ou as escenografías do artista; así como os instrumentos realizados polos 6 luthiers:
Akio Obuchi, xaponés construtor da viola organista; Joaquín Lois, español, -Tordesillas-, autor do órgano de fuelle continuo, teclado vertical e tubos papel; Abel García, creador da lira de plata en forma de cráneo de cabalo. Vive e traballa en Paracho, México; Luis Angel Payno, español, -Madrid-, construtor da carraca de tres lenguetas, carraca con porta corredoira, carraca tubular, timbal mecánico a tres baquetas, tambor con tornillo de tensión regulable, tampor de tiras de pel afinadas, tambor de tres patas, vasija percutida e tambor de tixeira; Carlos Blanco, español,- Alicante-, autor de variantes do tambor flauta e flauta glissando; e Luciano Pérez, lucense e artesán do Centro de Artesanía e Deseño da Deputación que realizou o tambor flauta, carraca manga, tambor de fricción, flauta glissando, trompa e tambor carraca.
Medio millón de visitantes
Leonardo da Vinci y la Música foi inaugurada en febreiro de 2003 na sala de exposición da Biblioteca Nacional de España en Madrid converténdose na mostra máis visitada deste recoñecido centro. Logo de viaxar ata Pamplona e Santa Cruz de Tenerife, estivo en Génova como mostra estelar do Festival da Ciencia, e no Palacio de Montehermoso en Vitoria. Durante o periódo 2006-2007, permaneceu en México, alternando visitas a Francia, Italia e Xapón. O seu éxito queda constatado no máis de medio millón de visitantes que acadou nas cidades onde estivo exposta. Agora, a Deputación logra traela a Lugo para celebrar o 15º aniversario do Centro de Artesanía e Deseño ofrecendo, por primeira vez en Galicia, a posibilidade de vela.
A entrada é gratuita. O horario de apertura ó público da Capela de Santa María e do CENTRAD é o seguinte:
* de luns a venres 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 20: 00 horas
* sábados: 17:00 a 20:00 horas
* domingos e festivos: 11:00 a 14:00 horas