Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños O Vencello anuncia que a Xunta seguirá igual coas autopsias en Burela

Nota de Prensa

Onte tivo lugar un encontro, a petición desta Asociación de veciños entre membros da sua directiva, responsables da Xunta e do IMELGA, o voceiro local dos populares de Burela e o secretario do Parlamento galego Sr. Balseiro, que foi o que nos concertou este encontro.

“O Director Xeral de Xustiza comprométese diante do Vencello a manter o servizo de autopsias (dotado xa con un patólogo e o auxiliar correspondente) en Burela tras a súa recuperación o pasado mes de xuño”

*Juan José Martín explicou que a familia sempre terá a capacidade de elección naquelas ocasions puntuais nas que, para acelerar o proceso de devolución do cadáver, exista a posibilidade de practicar o examen forense na cidade de Lugo.

*Polo tanto seguirán facendose en Burela como ata agora po las mañás no Hospital da Costa, a excepción dos fines de semana e festivos, as cales faceránse en Lugo.

*Tamén se nos dixo que das 13 autopsias practicadas dende o mes de Xuño ata agora, 6 fixeronse en Burela e o resto fixeronse en Lugo (algunhas destas co consentemento das familias) e outras por distintos motivos excepcionales e puntuales tales como: Vacacións do patologo, coincidenza de varias autopsias, o por ser sábados o festivos, o por cadáveres en mal estado(risco).) Tamén realizaránse en Lugo os falecidos por mortes violentas como presuntos homicidios o supostas neglecencias médicas, xa que nestes casos excepcionales necesitanse o informe de po-lo menos dous patólogos.

*Como novedad e a partir de agora e cando sexa posible a familia pode elexir se o seu parente e enviado a Lugo ou a Burela para sometelo a esas probas anatómico-patoloxicas.

* Das autopsias realizadas en Lugo, se nos entregou un listado indicando as circunstancias excepcionales que motivaron facelas en Lugo.

O colectivo veciñal interesouse diante da Xunta, polo funcionamiento deste servizo para deixar claro e por todas a situación actual das AUTOPSIAS.

Exit mobile version