Nota de prensa
O CONCELLO COLABORARÁ COA ASOCIACIÓN A ANXUELA NA ORGANIZACIÓN DA CABALGATA DE REIS DE SAN CIPRIÁN
A directiva deste colectivo, formada por 10 persoas e presidida por José Ramón Soto Martínez, reuniuse no día de onte na Casa da Cultura de San Ciprián para comezar a traballar nos actos desta celebración.
Segundo indicaron os representantes de A Anxuela, ademais de contar coa colaboración do Concello, tamén contan coa dos comercios e empresas de San Ciprián, aos cales se lles pedirá axuda coa achega voluntaria e desinteresada de caramelos para repartir entre todos os nenos que asistan aos actos relacionados coa cabalgata.
A idea ten como base a creación de tres ou catro carrozas, as cales transportaran aos Reis Meigos acompañados polos nenos que desexen ir de paxes. Así mesmo, os organizadores non desbotan realizar máis novidades no programa de actos nesta noite especialmente adicada aos máis cativos