Uns 80 xóvenes titulados optan ás primeiras bolsas medioambientais da provincia
Nota de prensa
Preto de 80 xóvenes titulados optan ás primeiras bolsas medioambientais da provincia
– A vindeira semana publicarase a listaxe da admitidos e excluídos provisional tanto no taboleiro de anuncios como na web da Deputación, e constituirase a comisión de valoración técnica que se encargará da selección dos solicitantes
– Os 18 beneficiarios realizarán prácticas a partir de xaneiro en empresas de sete países europeos durante catro meses e oito do ámbito de actuación do programa
– A Deputación destina 270.000 euros a esta actuación, incluída dentro de Lug02, que permite aumentar as posibilidades de inserción laboral destes mozos
– A Deputación e a UE fanse cargo de todos os gastos da estancia no estranxeiro e para as prácticas na provincia os participantes recibirán 1.000 euros mensuais
Setenta e cinco xóvenes titulados da provincia optan ás primeiras bolsas medioambientais da provincia creadas pola Deputación ó abeiro do programa europeo Lug02 –cofinanciado nun 70% con fondos FEDER-, dotado con 5 millóns de euros e destinado a impulsar a economía da provincia e a poñer en valor as Reservas da Biosfera e da comarca do Courel. Rematado o prazo de inscrición, a vindeira semana publicarase a listaxe da admitidos e excluídos provisional tanto no taboleiro de anuncios como na páxina web da Deputación: www.deputacionlugo.org. Ademais, constituirase a comisión de valoración técnica que se encargará da selección dos solicitantes e concluiranse as datas das entrevistas.
As 18 bolsas que convoca o organismo provincial dentro programa medioambiental co que demostrou que o medio ambiente é a oportunidade económica de Lugo, inclúen a realización de prácticas durante 4 meses nos 7 países europeos con máis proxección e nos que a posibilidade de adquirir novos coñecementos que poidan aplicar na provincia é maior -Reino Unido, Italia, República Checa, Portugal, Alemania e Austria-, e 8 meses en empresas do ámbito de actuación do programa europeo. Os beneficiarios comezarán a súa formación no mes de xaneiro.
En canto ó perfil dos solicitantes, o 80% son titulados en Bioloxía, Ciencias Ambientais, Enxeñería Ambiental, Turismo e Forestais. Nembargantes, tamén amosaron o seu interese en participar na iniciativa licenciados en Veterinaria e Empresariais e Enxeñeiros Industriais, Agrónomos, de Minas e de Montes. Os solicitantes, todos eles en paro, posúen entre 25 e 30 anos, e remataron os seus estudos entre os anos 2007, 2008, 2009 e 2010.
A empresa que resultou adxudicataria para a xestión das bolsas no extranxeiro é ONECO e para as da provincia Alcia. No primiero caso, trátase dunha consultoría con ampla experiencia na xestión de programas europeos no eido da educación, como o programa Leornado da Vinci, a cultura, o emprego e o desenvolvemento local.
Pola súa banda, a empresa luguesa adícase ó deseño, desenvolvemento, execución e control de proxectos como xestión de subvencións e axudas, e ten ampla experiencia en programas de promoción do emprego e fomento da iniciativa empresarial, etc.
Aumento da inserción laboral e custe 0 para os beneficiarios
A través desta liña de actuación, que ten un orzamento de 270.000 euros, o organismo provincial aumenta as posibilidades de inserción laboral dos xóvenes titulados. Primeiro aplicarán como bolseiros os coñecementos adquiridos en empresas orientadas ó medio ambiente e ó turismo, pero logo poderán continuar a súa carreira como emprendedores.
Tendo en conta que para algúns participantes o desprazamento pode supoñerlles un problema económico, a Deputación e a Unión Europea fanse cargo dos custes da viaxe de ida e volta, do aloxamento, manutención e dos gastos dos organismos de acollida na cidade de destino. Durante as estancia nas empresas asentadas nas Reservas da Biosfera e do Courel recibirán 1.000 euros mensuais.