Site icon Crónica3.com A Mariña

67 carteis participan no concurso da A.C. A Sombriza de San Cibrao polo “Día contra a violencia de xénero”

Nota de prensa

CONCURSO DE CARTEIS DA SOMBRIZA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Asociación Cultural A Sombriza

A asociación cultural A Sombriza organizou un concurso en conmemoración do Día internacional contra a violencia de xénero no que convidábamos aos estudantes dos institutos da Mariña a elaborar un cartel que sensibilizara á poboación, de xeito especial a infantil, contra esta lacra.

Nesta ocasión -é a segunda edición do concurso- temos que salientar un notable incremento de participación xa que temos  recibido 67 láminas. O xurado está deliberando o seu fallo e pronto faremos público o cartel  gañador que, ademais de recibir un DVD Portatil, servirá como imaxe promocional dunha campaña de sensibilización que desenvolveremos nos centros de ensino da comarca.

Xa é  posible ver e comentar os carteis gañadores na página de facebook de A Sombriza AC, que tamén admite suxestións e comentarios.

Exit mobile version