Nota de prensa
O venres, 5 de novembro tivo lugar na Casa da Xuventude a Presentación da I Liga de Pádel Concello de Foz. Dita presentación correu a cargo dos organizadores, Víctor Martínez e a concelleira de Xuventude e Deportes, Rosa Alonso.
Esta Liga sorprendeu aos organizadores polo éxito de participación, chegando ás 28 parellas inscritas, que xogarán na pista municipal de Pádel sita no barrio de Marzán. A Liga comezará a vindeira semana e rematará en maio de 2011. Posteriormente celebrarase o play-off que dará a coñecer a parella gañadora.
Desde o Concello de Foz desexamos agradecer a participación a todas as persoas e que disfruten deste deporte que tanto auxe está tomando na Mariña Lucense.