O prezo da ración será de 5 euros para o peixe espada á prancha e despois cada restaurante terán unha degustación propia onde o prezo variará, explica a concelleira do Mar, Remedios López Villar. Poderanse saborear pratos como: peixe espada albardado sobre panadeira azul e culi de pemento, milfollas de peixe espada con crema de queixo de cabra, ensalada de peixe espada aliñada con escabeche, peixe espada ao saimoriglio, peixe espada con crema de langostinos, peixe espada á prancha con tomate, peixe espada ao estilo Miranda, á sidra, en dúas salsas, con gambas, en salsa verde e con salsa á viscaíña. A concelleira do Mar, Remedios Repartiranse libros da colección Os sabores do noso mar, polo consumo dunha ración nun dos establecementos participantes.
24 establecementos participan nas xornadas gastronómicas do peixe espada
24 establecementos participan nas xornadas gastronómicas do peixe espada
Relacionado
-
O deputado Daniel García visitou as instalacións do Club de Remo de Ribadeo, que ampliou o seu equipamento coa compra dunha nova embarcación coa colaboración da área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación
-
Teatro en San Cibrao este sábado, 7 de decembro
-
Continúan as rutas que organiza a guía Ana Pena pola Mariña no mes de decembro