Nota de Prensa
O NÚCLEO DE SOSTIBILIDADE DE RIBADEO E AMARANTE ORGANIZAN UNHAS XORNADAS PARA IMPULSAR UN CAMBIO NO XEITO DE CONSUMIR. SERÁN O SÁBADO E O DOMINGO NA CASA DAS LETRAS E NO CANTÓN DOS MORENO.
Ribadeo, 24 de novembro de 2010. Esta fin de semana o Núcleo de Sostibilidade de Ribadeo e Amarante–A Mariña organizan unhas xornadas para divulgar algúns dos instrumentos de co fin de impulsar un cambio no xeito de consumir e comerciar cara a outro máis xusto socialmente e con menos custo ambiental.
O sábado ás 18 horas na Casa das Letras se proxectará o audiovisual Gran Superficie, de Ecoloxistas en Acción, e despois terá lugar un debate cos membros de Amarante e o Sindicato Labrego Galego.
O domingo, nun ambiente festivo, celebrarase a partires das catro da tarde un mercadiño de troco, ao que os organizadores convidan a participar a todos os mariñáns para que traigan ao Cantón dos Moreno algo que non utilicen para trocalo por algo que lles faga falta. Ademáis da agrupación mariñana de Amarante e o seu posto de comercio xusto, o encontro será amenizado con xogos infantís, proxección de curtos e o grupo de música tradicional ALESANCIA.