Nota de Prensa
COMEZAN AS CLASES NA ESCOLA DE MAIORES DE XOVE
Mañá, xoves 14 de outubro, ás 10:00 horas, terá lugar o comezo oficial das clases da Escola Municipal de Maiores, clases que se van desenvolver neste Curso 2010-2011 nunha Aula da Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Xove. As clases van ser impartidas, o mesmo que anos pasados, pola educadora familiar Angélica Casabella.
En total inscribíronse 40 alumnos/as neste curso 2010/2011, con idades comprendidas entre os 60 e 82 anos. Estes alumnos están repartidos en tres grupos, que van desenvolver as súas actividades nos horarios seguintes:
Grupo “A”: luns e xoves de 10:00 a 11:30 horas.
Grupo “B”: luns e xoves de 11:45 a 13:30 horas.
Grupo “C”: mércores e venres de 10:00 a 11:30 horas.
As actividades desta Escola están englobadas dentro da Concellería de Servizos Sociais.