Ese señor Aja de Viveiro, que despois de 20 anos de senador, sen abrir a boca, cando deixou a alcaldía de Viveiro, de repente, pasou a preguntar máis que ninguén. Iso, ademais de como quedou o concello de Viveiro, de empantanado e enleado.
Ese señor Rivera de Foz, que se permite dar leccións de democracia a calquera que se poña por diante, e logo manipula as asembleas, avasala aos cidadáns, terxiversa a información, e quedase tan pancho. Na súa arrogancia, puxo trabas os terreos do xeriátrico, ata que cansou, porque o asunto era do BNG – Benestar- e agora ponse farruco co PP.
Esa actitude do PP, co urbanismo de Barreiros, despois de saber que as licenzas, a miles,que estaban dando, non contaban cos servizos mínimos de viales, auga, luz e alcantarillado. Algún dos bloques de apartamentos, próximo a praia, tiña que baleirar as fosas sépticas, case cada día, e nembargantes dan 5000 licenzas máis. Viva la pepa.
Esa actitude coa ambulancia medicalizada de Foz, que non somos parvos, e estamos vendo que recoñecen que o contrato, un pouco máis e firmano por días, aforrando no chocolate do loro, e dándolle, por outro lado, millóns a Voz, sen poñerse colorados.
Eses camións da recollida do lixo aparcados na explanada portuaria de Foz, fronte a piscina, lanzando os seus cheirumes o redor, que bonita postal, para levar a Fitur, verdade?
Esa dona dun alcalde mariñán saíndo no coche, co móbil na orella, e por dirección prohibida, no hospital da costa, pola entrada de urxencias.
B.B