Nota de prensa
Nota de prensa de veciños de San Acisclo
Un grupo de veciños de San Acisclo, preocupados pola tardanza das obras da 2ª fase do saneamento da Parroquia, nos barrios de Abidueiras, Martín e a Ponte, e tamén pola posta en funcionamento da primeira fase, puxémonos en contacto co Sr. Alcalde do Concello, para ver a situación do proxecto que nun principio estaba aprobado pola Xunta de Galicia, pero que segundo nos comentou, este está paralizado non sabemos polo que. Así que o vindeiro sábado día 30 de outubro, ás 12 da mañá faremos unha concentración no local da escola para reivindicar esta necesaria obra para San Acisclo, na que o Sr. Alcalde nos acompañará para explicar aos veciños os pasos dados polo Goberno Municipal.