UNHAS 500 PERSOAS MANIFESTÁRONSE HOXE EN CONTRA DOS DESPIDOS EN SARGADELOS.
A manifestación, convocada polo Comité de Empresa, saiu dende a fábrica de cerámica ás 18.00 da tarde e logo de percorrer as rúas de Cervo pasando polo Concello rematou novamente diante das instalacións da empresa. Durante o percorrido puidéronse escoitar consignas como “NON DESPEDIR, SI NEGOCIAR”, ou “DESPEDIDOS READMISIÓN”.
Esta manifestación, que contou co apoio de multitude de veciños, familiares… dos traballadores e traballadoras , non será a última das medidas de presión para acadar a readmisión dos compañeiros e compañeiras despedidos e para a retirada do ERE.