Nota de prensa:
UNHA DAS CADELAS QUE FORON ABANDONADAS NO CEMITERIO MUNICIPAL XA ATOPOU FAMILIA DE ACOLLIDA E A OUTRA PARIU E TIVO SETE CADELIÑOS QUE TAMÉN SERÁN DADOS EN ADOPCIÓN.
Burela, 22 de outubro de 2010. Unha das cadelas que foron abandonadas no cemiterio municipal de Burela xa atopou familia de acollida e a outra pariu e tivo sete cadeliños que tamén serán dados en adopción.
Segundo explicou a concelleira de Medio Ambiente, Lucía Bouza, “hoxe xa foron recollidas as dúas cadelas, aínda que tivemos unha sorpresa porque son un total de 9 cans, posto que unha delas pariu e tivo sete cadeliños. Nós agora ímonos facer cargo de todos eles e porémolos en adopción coa colaboración dunha asociación protectora de animais que se chama O Jaticán. Eles axudarannos no coidado dos cans e tamén de levar adiante un proceso correcto de adopción”.
Os animais foron recollidos hoxe para unha clínica veterinaria, “onde serán atendidos durante a fin de semana, serán bañados, vacinados e desparasitados e a partires do luns, unha das cadelas irá coa familia que a adoptou xa e a nai e os cachorriños teremos que agardar entre mes ou mes e medio para dalos en adopción”, seguiu a relatar a edil socialista. Os que queiran máis información poden conseguila no teléfono do Concello de Burela 982 58 60 00, aí poranos en contacto con migo ou coa asociación.