Site icon Crónica3.com A Mariña

Táboas para o duelo de debutantes Panificadora-Fisober FSF (1-1)

Nota de prensa:
TÁBOAS PARA O DUELO DE DEBUTANTES PANIFICADORA-FISOBER FSF (1-1)

O Panificadora del Eo-Ribadeo FS superou a cuarta xornada de Autonómica cun traballado empate na casa ante o Fisober FSF de Vimianzo, en duelo de debutantes na categoría. A igualada outórgalles ás mariñás a décima posición (4 puntos).

As numerosas baixas no equipo ribadense, Yoli, Sofía e Nuria, xunto ás de Toñi e Sabela, que xa viñan arrastrando desde o inicio da tempada, obrigou a Martínez a botar man da moza Tania e de Montse, do equipo filial.

Adiantáronse as locais no minuto 13 por mediación de Iria ao recoller un rexeitamento da porteira visitante, pero, antes de marchar ao descanso, 3 minutos máis tarde, nun descoido defensivo das ribadenses, foi Patricia quen subiu o 1-1 ao marcador.

Durante a segunda metade, o Ribadeo, obrigado pola falta de rotacións, dedicouse a defender o empate e a lanzar perigosos contraataques; así María, no último minuto, tivo unha boa ocasión de dar os tres puntos ás locais a non ser pola espléndida intervención da porteira Paula. Tamén a falta de poucos segundos, a porteira local Carla detivo en dous tempos un dobre penalti lanzado pola visitante Ana.

Xornada 5. As ribadenses desprazaranse a próxima fin de semana a Vedra para enfrontarse ao FSF Mesón Rio Ulla, sexto clasificado, con 7 puntos.

Provincial masculino. O equipo sénior masculino do Ribadeo FS conseguiu a súa segunda vitoria no seu segundo encontro, esta vez a domicilio ante o Samos FS. O resultado final de 2 a 4 a favor dos ribadenses lévaos ao cuarto posto da clasificación con 6 puntos xunto ao Becerreá, Área 10 do Corgo e Cidade de Viveiro. A próxima fin de semana o Ribadeo recibirá o Meigallos de Sarria.

Ficha técnica

Panificadora del Eo-Ribadeo FS: Carla, Eva, Elvira, María e Fátima, cinco inicial; tamén xogaron Iria, Tania e Montse.

Fisober FSF: Paula, Patricia, Elsa, Ana e Olalla, cinco inicial; tamén xogaron Alba e Andrea.

Goles: 1-0, minuto 13, Iria; 1-1, minuto 16, Ana.

Cartóns amarelos: Fátima, polo Ribadeo, Ana Mouzo e Fran Toba, polo Fisober

Árbitros: David Castro e Ana Villar (anotador), de Lugo.

Exit mobile version