Site icon Crónica3.com A Mariña

Sobre os pitidos a Zapatero no 12 de outubro

No desfile do dia 12 de Outubro parte do publico alí presente pitou e pediu a dimisión de Zapatero o Presidente do Goberno.

Moitos periodistas, políticos e mesmo o Rei se molestaron por este feito. Consideran que empaña a Festa Nacional e que non e o momento axeitado para mostrar o descontento co política do Presidente.

Nestas últimas datas estanse a oír no televexo e na radio debates e opinións dicindo quen non e o momento nin o lugar axeitado para a protesta.

Eu quería facer unha reflexións o respecto de este tema:

– Todos sabemos, mesmo os que se molestan e escandalizan por a protesta, que os asubíos van dirixidos o Presidente do Goberno, o señor Zapatero. Pítaselle cando chega, cando a ofrenda os caídos e cando marcha. Ninguén ten dubida de que a protesta non vai dirixida a ninguén mais e moito menos os caídos.

– Moitos destes que agora se escandalizan non dixeron nada cando na final da copa do Rei celebrada en Maio de 2009 no campo de Mestalla en Valencia, cando parte das aficións do Bilbao e do Barcelona pitaron a interpretación do himno de España. E iso que o himno e realmente un símbolo do pais, cousa que non e o Presidente do Goberno.

– Tampouco dixeron nada cando o Goberno de Zapatero decidiu conxelar as pensións, ou baixar o soldo dos funcionarios, nin cando fixo a reforma laboral recortándolle dereitos os traballadores.

– Tamén lle diría o Rei, co debido ríspeto, que e o Rei de tódolos españois. Tanto de Zapatero como dos que o abuchearon. E que si Zapatero ten as súas razóns para facer a política que considera oportuna, tamén os cidadáns teñen o seu dereito a demostrar o seu desencanto. Non hai, ou non debe haber, cidadáns de primeira e cidadáns de segunda.

– Os periodistas que se queixan das protestas diríalles que mais que molestarse o que tiñan que facer e investigar e averiguar cal e o motivo das protestas.

– A ministra de defensa di que quere chegar a acordos cos demais grupos para regular estes actos oficiais co fin de evitar situacións como a vivida. En realidade o que quere e tapar a boca os que protestan nos actos oficiais, cargándose a liberdade de expresión.

Tíñache voa razón Castelao cando dicía que mexan por nos e din que chove.

Exit mobile version