Site icon Crónica3.com A Mariña

Según o PP, o presidente da Xunta asegurou na pulpada en Lugo que a ambulancia medicalizada con base en Foz continuará

Nota de Prensa

A devandita nova foi confirmada polo Presidente da Xunta na pulpada que o PP celebra na cidade de Lugo

BALSEIRO ASEGURA QUE A AMBULANCIA MEDICALIZADA CON BASE EN FOZ CONTINUARÁ EN SERVIZO

– O feito de que estea a piques de rematar o contrato co 061 non quere dicir que non poida renovarse este ou seguir prestando servizo na Mariña lucense

Sábado 16 de outubro de 2010- O deputado popular Jose Manuel Balseiro asegurou que a ambulancia medicalizada con base en Foz continuara prestando os seus servizos como ata o de agora nos distintos concellos da Mariña lucense, desmintendo deste xeito as informacions efectuadas nun medio de comunicación que aseguraba erroneamente que iba a suprimirse.

O deputado popular asegura que malia que é certo que o contrato co 061 esta a piques de rematar nada impide que este poida renovarse ou se adopte calquera outra forma de colaboración Balseiro mantén que a UVI movil que puxo en marcha o Goberno do PP nos meses pasados seguirá prestando o seu servizo e asistindo ás emerxencias medicas que poidan ter lugar na nosa comarca

A devandita nova foi confirmada polo Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, a petición do deputado popular, na pulpada que o Partido Popular celebra hoxe na capital da provincia.

Exit mobile version