Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribeira de Piquín FS, primeiro rival burelao na XX Copa Galicia

Nota de Prensa

O Burela FS xa coñece a identidade do seu primeiro rival na XX Copa Galicia; será o Ribeira de Piquín FS, de Primeira Nacional B, segundo o sorteo realizado o luns pasado. A eliminatoria de cuartos decidirase a partido único, na pista do conxunto ribeirego, antes do 10 de decembro.

Unha vez finalizadas as roldas previas dos equipos de inferior categoría, o Burela FS incorpórase aos cuartos de final xunto ao Azkar Lugo e Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago, da Divisón de Honra.

A fase final disputarase entre o 5 e o 6 de xaneiro de 2011.

CUARTOS DE FINAL

1) Ribeira FS-Burela FS

2) Pinturas Brulack-Azkar Lugo

3) H. Torques Mera-O Parrulo

4) O Carballiño FS-Xacobeo 2010 Lobelle

Exit mobile version