Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo programaou para o 10 de outubro a VIII Feira de Productos da Horta

Nota de Prensa

RIBADEO ACOLLERÁ O 10 DE OUTUBRO A OITAVA EDICIÓN DA FEIRA DE PRODUTOS DA HORTA QUE ORGANIZAN A SUCADOIRA, O CONCELLO E A DEPUTACIÓN.

Ribadeo, 1 de outubro de 2010. Ribadeo acollerá o vindeiro 10 de outubro a oitava edición da Feira de Produtos da Horta que organizan o Concello, a asociación A Sucadoira e a Deputación Provincial de Lugo.

O alcalde manifesta que “en plena ponte do Pilar organizamos un ano máis esta feira da horta entre a asociación A Sucadoira, o Concello e cun apoio importante este ano da Deputación Provincial de Lugo”. Fernando Suárez sinala que “como facemos todos estes anos despois da época estival, onde todos os domingos temos o mercado da horta e a partires de agora no outono-inverno será o segundo domingo de cada mes, sempre nese tránsito queremos facer unha feira máis importante, con degustación pública gratuita dos produtos da horta que ceden os profesionais do sector e para por en valor o traballo destes artesáns do agro e o seu produto de primeirísima calidade. Será na ponte do Pilar, na que agardamos recibir turistas en menor medida que no verán, pero sí tamén de xeito importante”.

O rexedor estima que “se poñan uns 15 postos entre os propios dos produtores de horta, ademáis doutros con conservas, embutidos, queixo, pan, etc… todos elaborados se maneira artesanal”. Suárez Barcia convida “aos veciños de Ribadeo, da Mariña luguesa e do Occidente asturiano a que ese 10 de outubro veñan a Ribadeo a disfrutar destes productos da horta e confiamos que como todos os anos teñamos unha ringleira importante de xente que agarde para degustar estes manxares na oitava edición da Feira de Produtos da Horta”.

Na organización da VIII Feira de produtos da horta de Ribadeo participa a Fundación Comarcal A Mariña Oriental. En resumo, os organizadores son: a devandita Fundación, a asociación A Sucadoira, o Concello e a Deputación.

Exit mobile version