Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo contará cunha rede wifi municipal libre e gratuíta no entorno da casa do concello

Nota de Prensa

RIBADEO CONTARÁ  EN BREVE CUNHA REDE WIFI MUNICIPAL LIBRE E GRATUITA NO ENTORNO DA CASA CONSISTORIAL. O SERVIZO ATÓPASE XA EN PROBAS, SEGUNDO ANUNCIABA HOXE FERNANDO SUÁREZ.

Ribadeo, 14 de outubro de 2010. O Concello porá en marcha en breve unha rede wifi municipal libre e gratuita no entorno da casa consistorial. O servizo atópase xa en probas, segundo anunciaba hoxe o alcalde.

Fernando Suárez dixo que “dentro destas importantes obras que se están a acometer no edificio consistorial, a parte do que é a dotación deste ascensor tan necesario e que tantas veces foi demandado por todo o mundo, era unha vergonza que a día de hoxe o Concello carecese deste servizo, tamén se están a facer outra serie de melloras de alcance para toda a cidadanía e para os turistas que nos visitan cada vez con máis frecuencia”.

O rexedor subliñou que “aquel acordo de toda a Corporación incluía a posta en funcionamento dunha rede wifi para dar a sinal de internet libre e gratuita a todo o entorno da praza de España. Estes días estamos en réxime de probas con esta primeira rede wifi municipal que dará cobertura tamén a todo o parque e incluso a algunhas rúas que dan á praza e que reciben con forza a sinal que se emite”.

Suárez Barcia explicou que “lóxicamente estas redes gratuitas teñen un ancho de banda importante, uns dous megas, pero están limitadas a unha hora de conexión por usuario. Esto faise así para que todo o mundo poida empregar o servizos sen sobrecargas na rede e sen abusos por parte dalgunhas persoas. Esta rede estará restrinxida para os p2p, o que impedirá a descarga de películas e vídeos que pesen moito e tamén estará restrinxida a páxinas de adultos. Queremos que o servizo chegue a toda a poboación e tamén aos turistas porque cada vez recibimos máis xente que así desde os seus portátiles e desde os seus móviles poderán acceder á páxina do Concello e despois navegarán gratuitamente durante unha hora a todos os contidos que a rede ofreza, agás aqueles que estarán restrinxidos”.

O alcalde de Ribadeo engadiu que “esto será obxecto dunha campaña máis forte de difusión, pero de momento o que queremos é dar a coñecer estas probas para que os veciños e os usuarios poidan ir facendo as súas primeiras prácticas, na praza de España, no parque de San Francisco, na rúa Villafranca do Bierzo, etc… e que Ribadeo unha vez máis é punteiro en novas tecnoloxías como é o caso”.

Exit mobile version