Site icon Crónica3.com A Mariña

Mariñapatrimonio transmitiulle a súa inquedanza polo xacemento da Atalaia ao diretor xeral de Patrimonio

Nota de prensa

MARIÑA PATRIMONIO ENTREVISTASE CO DIRECTOR XERAL DE PATRIMONIO  PARA TRATAR SOBRE O CASTRO DA ATALAIA

Hoxe foron recibidos na Dirección Xeral de Patrimonio, en San Caetano, dous membros da xunta directiva da  Mariñapatrimonio.  Na reunión, solicitada pola asociación,  participaron  Rey Pichel, director xeral de Patrimonio, un técnico da Consellaría e os directivos Manuel Miranda Ruiz e Francisco Luís Rodríguez Guerreiro.

Na entrevista, os membros da asociación amosáronlle ao director xeral a súa inquedanza pola situación na que se atopa o importante xacemento arqueolóxico da Atalaia, en San Cibrao.

O Director Xeral reiteroulles  aos membros da asociación o mantido na última resolución da Xunta de Galiza pola que os restos achados no castro de Punta Atalaia, no concello de Cervo, deben ser conservados in situ debido ao seu valor arqueolóxico e histórico. Tamén lles lembrou aos directivos de Mariñapatrimonio que a conservación dos restos é incompatible cos proxectos construtivos que se proxectaban para esa área.

Tanto  Miranda Ruiz como Rodríguez Guerreiro manifestaron ao remate desta entrevista a súa conformidade coas medidas tomadas pola Dirección Xeral de Patrimonio e advertiron que van seguer co seu labor divulgativo e reivindicativo sobre o Castro da Atalaia.

A asociación comunica tamén que está a espallar  este mostra excepcional do patrimonio coa exposición itinerante arredor do Castro da Atalaia  que nestes días percorre os centros de ensino da comarca atopándose na actualidade aberta no Instituto de Secundaria “Marqués de Sargadelos”, na localidade de San Cibrao

Exit mobile version