Nota de prensa
O departamento de Cultura do Concello de Lourenzá e a Biblioteca Pública Municipal “Juana de Ibarbourou” programou un recital músico-poético, a cargo da compañía “Nova Poesía”; a mencionada actividade chega ao noso Concello a través da Consellería de Cultura e Turismo e o seu programa de actividades para Bibliotecas, denominado “Letras Vivas”, no seu apartado de Creación. Terá lugar mañá, venres, ás 19:00 horas, nas dependencias do Salón de Actos da Casa da Cultura.