Nota de prensa:
Por sétimo ano consecutivo o grupo de teatro ” O Bordelo” de Cervo participará no Mes do Teatro Amistad na cidade de Ferrol. Nesta XV edición será o grupo cervense o enargado de inaugurar o ciclo coa súa peza “Quintana dos vivos, anguria dos orfos”, orixinal do seu director Francisco Piñeiro , quen previamente realizará a presentación do evento. Seguindo os pasos de “O Bordelo”, o grupo de teatro “A Adala” tamén logrou ser incluído por segundo ano consecutivo no programa, actuando para o seguinte sábado. coa peza “Ilusións” escrita e dirixida polo mesmo autor.