Nota de prensa:
COMUNICADO
O deputado autonómico Jose Manuel Balseiro Orol remitiu no día de hoxe unha carta dirixida ao alcalde de Ribadeo, Fernándo Suárez Barcía, pola que lle da traslado do escrito do Ministerio de Xustiza no que se acusa recibo da petición oficial da Xunta para a creación dun novo partido xudicial de Ribadeo e, fai depender esta dotación, da reforma da Lei estatal de planta e demarcación xudicial.
O parlamentario do PPdeG pide que se lle dea copia deste escrito do Ministerio de Xustiza ao conxunto das forzas políticas na Corporación Municipal de Ribadeo. De feito Balseiro espera que o Alcalde, que parece non saber onde ir para reclamar o xulgado, asuma a propia resposta do Goberno central e desenvolvan as xestións oportunas para a modificación da devandita normativa estatal.
O depuntado popular dispón do escrito do Ministerio de Xustiza despois de solicitado formalmente, segundo o procedemento regulamentario, diante do Parlamento de Galicia. Unha posibilidade que puideran ter adoptado calquera outro grupo político con representación na Cámara galega.