Site icon Crónica3.com A Mariña

Os xuvenís do CD Burela FS inauguran temporada na pista do Cidade de Ourense

NOTA DE PRENSA

OS XUVENÍS INAUGURAN O EXERCICIO NA PISTA DO CIDADE DE OURENSE

O conxunto xuvenil do CD Burela FS inaugura o exercicio 2010-11 esta fin de semana na pista do Cidade de Ourense.

Baixo as ordes Iván Cao ‘Lucas’, volverán defender a camiseta laranxa David Rodríguez, Xoel Penabade, Antón Couto, Diego Blanco, Noé Fernández, Juan Quiroga, Boris Baltar, David Fernández, Jacobo Díaz e o xogador do primeiro equipo Manuel Jiménez; tamén regresan Samuel Rojo e Carlos, tras unha pequena incursión no fútbol.

Sete clubs compartirán o grupo con burelistas e ourensáns na Liga Nacional Xuvenil: os coruñeses Xacobeo Autos Lobelle e Cidade de Narón, os lugueses Prone Lugo AD e Puerto Celeiro Viveiro e os pontevedreses AD FS Bueu, Coruxo FC FS e Leis Pontevedra FS. A competición distribuirase en 18 xornadas, ata o 3 de abril de 2011.

Exit mobile version