Site icon Crónica3.com A Mariña

Os orzamentos da Xunta amosan o pouco interés que o goberno galego ten por Burela, asegura o alcalde

Nota de Prensa
ORZAMENTOS DA XUNTA

O alcalde referíuse aos orzamentos da Xunta para 2011 e á incidencia que terán en Burela. Alfredo Llano considera que amosan o pouco interés que o goberno galego ten polo municipio. O rexedor manifestou que “vistos en principio, pero sen analizalos en profundidade, non son moi alentadores. En tempos de crise hai que procurar establecer preferencias e ter en conta os servizos que se prestan e a utilidade dos mesmos. Para o noso Concello hai unha cuestión moi importante que é o acceso ao porto, porque unha vez rematado suporía interesantes beneficios para as empresas pesqueiras, para o transporte, etc. E nestes presupostos non se contempla absolutamente nada, había 200.000 euros previstos para este 2010 e non se fixo nada e agora voltan a colocarse de adorno para o 2011, o que significa que eso non se rematará. Só o cambio de vía tería un gasto moi superior a ese previsto pola Xunta”. Llano advirte que “hai un problema engadido que foron as riadas que sofrimos o pasado mes de xuño, alí houbo desprendementos de terra e tal e como está a obra senon se mellora a cousa pode ocasionar problemas no futuro que habería que evitar. Hai que apurar a obra o máximo posible, si somos rigurosos xa tería que estar lista este ano ou incluso o ano pasado”.

O rexedor referíuse tamén ao Hospital da Costa “é triste ver que segue sen aplicarse o plan director para amplialo e contar con máis servizos para atender perfectamente ao vecindario de toda a comarca, xa somos 80.000 habitantes e habería que tentar convertelo nun hospital xeral. É unha das miñas preferencias e preocupacións, non hai que desmantélalo senón que sería importante darlle categoría de hospital xeral e non comarcal. É un servizo básico da sociedade, que históricamente levou moito tempo conseguilo e hai que procurar melloralo, algo que non se fará con 600.000 euros”. Llano subliñou que no prazo de 10 ou 15 días poráse en marcha o abastecemento de auga a Cervo e Burela, “xa está rematado prácticamente e non preciso de investimentos a maiores, polo tanto o que é implicarse con Burela nos presupostos deixa bastante que desexar e é preocupante a falla de interés polo noso concello, estaremos atentos para reclamar aquelo que consideremos en xustiza e procuraremos non perder os servizos sociais e as oportunidades que poida ter o pobo de desenvolvemento social e económico”.

Exit mobile version