Os nenos de Barreiros disfrutarán dunha interesante actividade o vindeiro martes 26 de outubro para celebrar o día da biblioteca. A partires das 11 da mañá no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro os rapaces de 3 a 12 anos e os adultos que queiran acompañalos escoitarán os Contos das estacións, a memoria das árbores que porá en escea o grupo Amecer. Utilizando a música e o teatro promoverán a idea do coidado da natureza e o medio ambiente. O acto está organizado polo Concello de Barreiros a través da Omix e conta coa colaboración da Consellería de Cultura.
Os nenos de Barreiros disfrutarán o martes dos “Contos das estacións” co grupo Amecer
Os nenos de Barreiros disfrutarán o martes dos “Contos das estacións” co grupo Amecer
Relacionado
-
Villares asistiu ao partido da primeira división Iberdrola FS entre o Burela e o Navalcarnero
-
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo este venres unha reunión de traballo coa alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde
-
XXXIV Curso de Formación Orquestral de Semana Santa de Xove