Site icon Crónica3.com A Mariña

Os investimentos para a mellorar o abastecemento de auga en Foz, beirarrúas e a estrada Ferreira-Foz son da xunta popular, asegura o PP

Nota de Prensa

Resposta ao reto do alcalde de Foz, Jose María García Rivera, que pretendía atribuír “falsamente” estas xestión á Xunta bipartita

O PP DEMOSTRA QUE OS INVESTIMENTOS DA PARA A MELLORA DO ABASTECEMENTO DE AUGA EN FOZ E PARA AS BEIRARRÚAS E PAVIMENTACIÓN DA ESTRADA FERREIRA-FOZ FORON LICITADAS E ADXUDICADAS POLA XUNTA POPULAR

* A mellora da traída municipal licitouse en febreiro de 2010 e foi adxudicada por 1,8 millóns de euros segundo consta no DOGA do 18/06/2010.

* No tocante ás obras na estrada que une Foz con O Valadouro as actuacións foron licitadas o 08-04-2010 e adxudicadas pola Sociedade Pública de Investimentos con data 04-06-2010

Foz, 21 de outubro de 2010.- O candidato do Partido Popular, Javier Jorge Castiñeira, vén dar resposta ao reto efectuado no día de onte polo alcalde de Foz, o socialista Jose María García Rivera, quen pretendía atribuír “falsamente” determinadas obras á xestión da Xunta bipartita e emprazaba aos populares a demostrar “con datas” que esto non era certo.

O candidato demostrou que o rexedor municipal pretende enganar á cidadanía “probablemente porque é consciente de que a Xunta bipartita nada fixo por Foz, e polos seus veciños e quere agora agochar os compromisos adquiridos en firme polo PP”

Así por exemplo no tocante á obra de abastecemento de auga (mellora da traída municipal) os populares explicaron que a súa licitación publicouse no DOGA do 24-02-2010, que o goberno do bipartito PSOE – BNG ) a deixaran no queixón sen publicar, e inmediatamente foi adxudicada con data 18/06/2010 por un orzamento global de 1.812.108 euros. Ambas datas froito da xestión da Xunta popular.

Situación similar aconteceu co outro proxecto que o alcalde pretendía atribuír á Xunta bipartita de novo faltado á verdade. Isto é, as obras para a dotación de beirarrúas e mellora da pavimentación da LU-132, estrada Ferreira-Foz. Os populares explican que a Sociedade Pública de Investimento (SPI), participada pola Xunta, licitou a obra con data 8-04-2010 e procedeu á súa adxudicación por importe de 857.070 euros con data 04-06-2010. Tamén neste caso, ambas actuacións correspondentes ás xestión do Goberno que preside Alberto Núñez Feijóo

O candidato lamentou, finalmente, que o alcalde “non se decate de nada” e “nin tan sequera manexe as datas nas que se licitan e adxudican as obras que se desenvolven no seu pobo, procedementos estes, licitación e adxudicación, que son os que verdadeiramente valen para saber se alguén ten o propósito de facer algo, o resto son declaracións de intencións que acostuman a facer con moita asiduidade algúns, pero logo tócalle aos de sempre esforzarse para facelas”. Insistiu ademais que os datos ofrecidos son comprobables oficialmente, no DOGA e no documento de adxudicación da SPI que incorporou como arquivo xunto.

Exit mobile version