Nota de prensa:
CONVOCATORIA AOS MEDIOS GRÁFICOS
Aqueles medios gráficos que queiran cubrir o evento poden facelo no pavillón de San Román a partir das 15.00 horas preferentemente
(O pavillón da comunidade de montes está a carón do Centro Social Antiga Escola de San Román)
Ao acto prevese multitudinario ao ter confirmada a súa asistencia máis de 300 veciños do concello
O SÁBADO 23 O PP DE CERVO CELEBRA A SÚA ROMARÍA POPULAR NO PAVILLÓN DE SAN ROMÁN
· O xantar terá lugar a partir das 14.30 horas e consistirá nun suculento menú con sopa de peixe, carne asada con patacas e guarnición, postre variado, cafés, licores, viño e auga
Cervo, 22 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Cervo celebra este sábado a súa tradicional romaría popular no pavillón da comunidade de montes de San Román. A cita festiva que se prevé multitudinaria ao ter confirmada a súa asistencia máis de 300 veciños do concello que compartirán un suculento xantar, a partir das 14.30 horas, que consistirá nun menú co sopa de peixe, carne asada con patacas e guarnición, postre variado, cafés, licores, viño e auga.
Afiliados e simpatizantes do Partido Popular de Cervo arrouparán aos cargos públicos desta formación política, ao a alcalde do concello, Alfonso Villares, ao secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro Orol e aos concelleiros do Goberno municipal.