Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE pedirá as patrullas nocturnas do policía local polos roubos nas empresas do polígono de Cuíña

Nota de prensa:
ALARMA ENTRE AS EMPRESAS DO POLÍGONO INDUSTRIAL DE CUIÑA POLA OLEADA DE ROBOS
ATA CATRO LOCAIS INDUSTRIAS FORON VÍTIMAS DE HURTOS NAS ÚLTIMAS SEMANAS. OS DANOS E PERDAS NALGÚN DOS RECINTOS SUPERA OS 6.000 €.

CERVO, 28 DE OCTUBRO. O GMS de Cervo quere denunciar a indefensión dos industrias do polígono de Cuiña ante a nova ondada de roubos que se están a producir de forma cada vez mais continua no Concello, creando inseguridade e incertidumbre entre os seus veciños.

Se primeiro foron os furtos en locais do nucleo de San Ciprián, Sargadelos e nas igresias das parroquias, agora son as empresas asentadas no polígono de Cuiña as afectadas, e os empresarios (na súa maioría autónomos), viven estes días preocupados pola súa seguridade e o futuro dos seus negocios.

Os industrias amosasen convencidos de que a solución consisten en mais vixilancia nocturna para disuadir aos ladróns, que aproveitan a escuridade e os días festivos para perpetrar os furtos. As empresas mais prexudicadas foron un lavadoiro de coches e unha nave de piensos, onde ademais os ladróns, para entrar, empregaron as ferramentas que habían subtraído nun local anexo que tamén se veu afectado polo roubo.

Asegurar a seguridade e os intereses das empresas

Dende o GMS, pedímoslle ao concello de Cervo implicación para dar solucións a un problema de seguridade e económico, posto que se non se toman medidas inmediatas ante estes fenómenos, corremos o risco de crear unha imaxe de inseguridade que a todas luces, prexudica.

Incremento da plantilla da policía Local

E importante demandar a administración autonómica subvencións, para a contratación de policías locais, posto que a plantilla de Cervo veuse reducida nos últimos tempos, e ante unha baixa o as vacacións dos axentes, non se aseguran os turnos da tarde e sospeitamos que nalgunha ocasión, nin os de mañá, especialmente os fines de semana e festivos. Se hai que facer algunha contratación nestes momentos, a dos axentes locais e especialmente importante.

Exit mobile version