Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP reprocha que ao presidente da Deputación critique o orzamento da Xunta para a Mariña

Nota de Prensa
Barreiro repróchalle a Besteiro que critique o orzamento da Xunta para a Mariña, que sube un 5,4% con repecto a 2010, e non diga nada de que Fomento non contemple ningunha actuación no Corredor da Costa

Lugo, a 23 de outubro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular repróchalle ó presidente da Deputación de Lugo José Ramón Gómez Besteiro que critique o investimento previsto pola Xunta na comarca da Mariña cando medra, con respecto a este ano, un 5,4 por cento.

O voceiro do GPPP José  Manuel Barreiro considera que o “arrebato” de Besteiro está motivado pola imposibilidade de xustificar os orzamentos do Estado nesta comarca e no resto da provincia, dado que sofren unha caída de preto do 50 por cento. Salienta neste contexto que non aparece sequera unha consignación digna de mención, por exemplo, para o corredor Barreiros-San Ciprián, mentres que a Xunta adica o tramo da súa competencia 10 millóns de euros. “Besteiro amosa ter pouca vergoña e moita cara dura ó atreverse a falar desta obra cando o Goberno do Estado aínda non moveu unha pedra no tramo da súa competencia”, engadiu.

Para o GPPP se os investimentos do Estado na Mariña son mínimos, tamén é inapreciable a actuación da Deputación. Indican a este respecto que a administración provincial pouco ou nada se fixo notar nesta comarca durante os tres anos e medio de goberno posto que, por poñer só algúns exemplos, os accesos ó polígono industrial de Ourol están como cando tomaron as rendas na administración provincial; non houbo ningunha acción encamiñada a apoiar os sectores productivos básicos desta comarca como a pesca ou o forestal e a rede viaria da súa competencia atópase completamente abandoada.

Os populares instan a Besteiro a facer notar a forza da que presume ante o executivo central e particularmente co ministro de Fomento José Blanco e o inste a correxir a discriminación coa que está a tratar á provincia de Lugo.

Exit mobile version