Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP non interesase porque o BNG reclama melloras sanitarias e de benestar para a comarca

NOTA DE PRENSA

O deputado nacionalista vén á  Mariña a “rirse dos veciños”  e a facer como se os catro anos anteriores non existiran
O QUE FERNANDO BLANCO (BNG) DEBERA EXPLICAR NA MARIÑA É POR QUE O ANTERIOR GOBERNO BIPARTITO NEGOU REPETIDAMENTE AS MELLORAS SANITARIAS E DE BENESTAR  QUE AGORA RECLAMA

* Os nacionalistas impediron  repetidamente a dotación das urxencias para Foz, pese a telas comprometidas incluso por escrito, non foron quen de poñer en marcha a ambulancia medicalizada, nin a residencia e permitiron o maior deterioro nunca antes sufrido da sanidade comarcal, con listas de espera que chegaban aos centros de saúde e citas escondidas nun caixón nas consultas de  especialistas do Hospital.

A Mariña lucense, 28 de outubro de 2010.- En opinión do Partido Popular da Mariña o que o deputado do BNG Fernando Blanco debera ter explicado na súa visita de hoxe á nosa comarca e  por que o anterior goberno bipartito negou repetidamente as melloras sanitarias e de benestar que agora reclama. Na opinión dos populares o deputado nacionalista veu á Mariña a “rirse dos veciños” e facer “como se os  catro anos anteriores non existiran”.

Emma Álvarez lembrou que o BNG impediu repetidamente, co seu voto negativo no Parlamento, a dotación do servizo de urxencias para Foz –“todo iso pese a que o seu xefe de filas por entonces,  o señor Quintana,  o tiña prometido incluso por escrito”. Na relación de incumprimentos  do BNG coa bisbarra a deputada  lembra tamén que os nacionalistas non foron quen de poñer en marcha a ambulancia medicalizada, nin unha nova residencia para persoas maiores. Ademais o BNG “estivo mudo e foi cómplice” dunha política, a desenvolvida pola anterior Xunta bipartita, na que a sanidade pública  comarcal sufriu “o seu maior deterioro”, con listas de espera que incluso afectaban aos centros de saúde, e miles de citas para a consulta dos especialistas do Hospital “escondidas nun caixón, mentres os veciños agardaban por unha chamada telefónica”.

A  dirixente popular mariñá, emprazou aos nacionalistas a gardar “un maior respecto” polos veciños da Mariña que, aínda que o BNG non o crea “teñen memoria” e significou que o Goberno de Alberto Núñez Feijóo cumprirá os seus compromisos coa comarca como xa se puido observarse coa dotación de servizos que están en funcionamento como a UVI-móbil.

Exit mobile version