Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que nos avisaron da recepción ó equipo feminino de fútbol-sala de Burela

Nota de Prensa

O GMPP burelés acusa ó alcalde de apropiarse da institución municipal.

Os populares afirman que ninguén do bipartito os avisou da recepción  ó equipo feminino de fútbol-sala.

Consideran “de mala educación e falla de respecto” que non se lles avisase.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou que ningún dos seus membros asistiu onte xoves á recepción oficial do equipo feminino do Burela Fútbol-Sala pola consecución da Copa Galicia porque “nin o alcalde nin ninguén do bipartito nin nos invitou nin tan siquera nos avisou polos cauces ordinarios. O acto foi organizado polo bipartito e polo tanto o clube non tén ningunha responsabilidade ó respecto”.

Os populares, que lembran que no seu día, a través do seu portavoz José María   González Barcia, xa lle transmitiron ó clube e xogadoras as súas felicitacións pola consecución da Copa Galicia, consideran que o alcalde e o bipartito burelés fixeron onte un xesto que denota a forma de ser destas persoas: a súa intolerancia lévaos a querer acaparar a institución municipal como propia, e nun acto de verdadeira mala educación e falla de respecto ás mais mínimas normas de convivencia política institucional pasaron de avisarnos. Xa adiantamos que non nos serve que poidan decir que viña a noticia na prensa: para outras cousas mandan invitacións ou chaman por teléfono.

A conclusión, para os populares, é  clara: queren monopolizar o concello e apropiarse da institución, pretendendo trasladar a idea de que o concello é o bipartito. Esquecen que o PP é o grupo maioritario na corporación, gañou as eleccións municipais, e que PSOE e BNG perderon esas eleccións: os bipartitos son o desgoberno dos perdedores, e o burelés non é unha excepción. Agardamos que esto non volva a ocurrir.

O GMPP quere transmitirlle publicamente ás xogadoras do Burela Fútbol-Sala feminino, corpo técnico, directiva e afición a súa sincera felicitación, e comunicarlle que o GMPP está  disposto a axudar no que sexa preciso á potenciación deporte en xeral e de fútbol-sala en particular, como xa o tén demostrado.

Exit mobile version