Nota de prensa
O GPPP levará ó pleno provincial unha moción para que Xunta e Estado cumpran os seus compromisos sobre o PEIM
Lugo, a 18 de outubro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular levará ó pleno da Deputación do vindeiro martes unha moción na que propoñen que se inste á Xunta de Galicia e ó Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino a cumprir as obrigas e compromisos adquiridos no PEIM Rural 2009/2010, de tal xeito que con cargo ós seus respectivos orzamentos de 2010 a Xunta aporte 9,5 millóns de euros e o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino 19 millóns de euros, o que permitirá que a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia poida proceder a licitar, contratar e executar as obras que benefician ós concellos da provincia de Lugo na anualidade de 2010 e polo importe que o goberno bipartito da Xunta de Galicia xa comunicara no seu momento.
Lembran os populares na súa proposta que a Consellería do Medio Rural elaborou un Programa de Infraestruturas no Medio Rural para os anos 2009-2010, denominado P.E.I.M. Rural 2009/2010 (Proxectos Estratéxicos de Infraestruturas no Medio Rural), que tiña como finalidade a realización de investimentos en servizos básicos para a poboación rural.
A dotación para a realización destes investimentos é de 55,5 millóns de euros distribuídos en 27 para o ano 2009 e 28,5 para o 2010, financiándose nas dúas terceiras partes polo Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino, e pola Xunta de Galicia o terzo restante.
A situación grave que se está a producir no PEIM do 2010 é, salientan dende o GPPP, que a parte da Xunta (9,5 millónsde euros) está presupostada e disposta para comprometer e executar, e sen embargo, o Ministerio nin presupostou os 19 millóns de euros que lle correspondía como compromiso nin consta a esta alturas que teña vontade de facelo.
Dadas as necesidades en infraestruturas do medio rural que teñen os concellos da nosa provincia, compre que tanto a Xunta como o Ministerio cumpran os seus compromisos, xa que do contrario se lles estaría a causar un grave prexuízo as zonas rurais da nosa provincia, recalcan os populares.