Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Foz porfía co PSOE sobre a ambulancia medicalizada

Nota de prensa:
Lamenta que un deputado da súa responsabilidade descoñeza desta forma a elaboración e contido dos orzamentos

O VOCEIRO POPULAR LÉMBRALLE A REGO QUE TAMPOUCO NOS ORZAMENTOS DA XUNTA EN 2010 APARECE UNHA PARTIDA ESPECÍFICA PARA A AMBULANCIA MEDICALIZADA E PESE A ISO O GOBERNO DO PP PUXO EN MARCHA ESTE SERVIZO

* O financiamento destas UVI´s móbil, como a de Foz, forma parte de partidas xenéricas

Foz, 22 de outubro de 2010.- O voceiro local do PP de Foz, Pedro Fernández Manín, lamentou que o deputado socialista Ismael Rego pretenda confundir aos veciños ao respecto do mantemento do servizo de ambulancia medicalizada no centro de saúde local, compromiso que garantiu o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo. Censura ademais que un deputado da súa responsabilidade descoñeza desta forma a elaboración e contido dos orzamentos e que teña que ser un humilde concelleiro local quen teña que darlle explicacións neste aspecto.

ORZAMENTOS 2010

Para o voceiro local “nada ten que ver con que non exista unha consignación orzamentaria expresa para manter esta ambulancia coa supresión deste servizo”, máis ao contrario “este tipo de dotacións médicas se financian a través de partidas xenéricas”. Para apoiar esta tese puxo un exemplo que todos os veciños poden comprobar e comprender dun xeito sinxelo, “tampouco nos orzamentos de 2010 aparece ningunha partida específica para a ambulancia medicalizada de Foz e pese a iso o Goberno do Partido Popular puxo en marcha este servizo que vén funcionando satisfactoriamente”

MALESTAR DO PSOE POLAS MELLORAS SANITARIAS

Fernández Manín finalmente preguntouse si as continuas alarmas e infúndeos do PSOE ao respecto das melloras sanitarias son consecuencia do malestar que dentro desta formación política provoca que agora exista un Goberno, o que lidera Feijoo que, desde a Xunta, está a levar adiante aqueles proxectos que outros en tempos de bonanza económica non foron quen de poñer en marcha pese a prometelo.

Exit mobile version