Nota de Prensa
No transcurso da visita ademais de estar presente nos espazos máis significativos do Parlamento e asistir desde a tribuna de convidados ao desenvolvemento dunha parte da sesión plenaria que tiña lugar neste momento, os asistentens recibiron o saúdo de varios deputados e cargos públicos entre os que se atopaban a parlamentaria mariñá Emma Álvarez Chao, e os deputados lucenses Agustín Baamonde Díaz e Jaime Castiñeira Broz, candidato do PP á alcaldía de Lugo (quen tamén tiveron a ben facerse unha foto cos asistentes)
Acompañando ao grupo de veciños da asociación San Xulián de Nois (Foz) estaban o presidente local do PP, Ramón Fernández e o candidato á alcaldía de Foz Javier Jorge Castiñeira. O PP de Foz foi precisamente quen habilitou o transporte para efectuar esta visita, como xa fixo con outros colectivos e centros educativos. Despois de coñecer o Parlamento tiñan previsto achegarse ata a catedral neste Ano Santo Xacobeo e, máis en concreto, ata a praza do Obradoiro onde se desenvolven os preparativos para a visita do Papa.