Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de FOZ advirte que a confrontación institucional non é a mellor fórmula para lograr a creación de novos servizos

Nota de Prensa

Os populares seguirán esforzándose na defensa dos  intereses dos veciños de Foz e loitarán e desenvolverán as xestións precisas para acadar máis e mellores servizos para o municipio

A XUNTA BIPARTITA, PESE A PROMETELO, NON DEIXOU PRESUPOSTO NIN PROXECTO ALGÚN PARA A CONSTRUCIÓN DUNHA RESIDENCIA CON CENTRO DE DÍA

* Socialistas e nacionalistas protagonÍzan unha actitude cínica, pois reclaman agora aquilo que non tiveron vontade de cumprir en canto ao presupostos do 2009 cando tiñan a responsabilidade do goberno autonómico.

* Respectan aos manifestantes que de boa fe adheríronse á convocatoria pero lembran que a confrontación institucional non é a mellor fórmula para lograr a creación de novos servizos.

Foz, 9 de outubro de 2010.- O Partido Popular de Foz quixo lembrar no día de hoxe que a pesar de que socialistas e nacionalistas cando gobernaban na Xunta de Galicia se comprometeron a facer diversas obras, coma  a construción dunha nova residencia con centro de día na localidade, a Xunta bipartita non inclúeo  ningunha partida nos presupostos do ano 2009 para o  proxecto nin para a construción deste novo servizo.

Resulta polo tanto “sorprendente” e unha actitude “cínica” que “aquilo que eles prometeron (PSOE-BNG) e non foron capaces nin sequera de presupostalo, o que demostra que non tiñan vontade de cumprilo, e agora sexan os que inicien a  reclamación e os primeiros en colocarse detrás dunha pancarta”.

Respecto a convocatoria da manifestación que aparece no díptico, da a impresión que a realiza o Concello de Foz, cando foi idea do Sr. Rivera e a súa executiva, comentando o acordo que eles individualrmente tomaron no pleno, por si particularmente algún grupo desexaba participar, polo que a convocatoria e do  PSOE e non do Concello. Recordámoslle ao Sr. Rivera que non ten maioría e el por si mesmo non pode usar o nome do Concello de Foz ao seu antoxo e menos do seo partido político.

RESPECTO AOS MANIFESTANTES

Os populares de Foz non apoiaron  á manifestación convocada para reclamar este servizo porque entenden que a confrontación institucional non é a canle máis apropiada para acadar este tipo de logros, aínda que, como non podía ser doutro xeito, respectan aos veciños de boa fe que se adheriron a ela.

OMPROMISO POPULAR

No PP de Foz, comprométense a ser os primeiros en seguir esforzándose na defensa dos intereses dos seus veciños, aunque algúns non os teñan en conta, e xa adiantan que loitarán e desenvolverán os máximos esforzos para acadar máis e mellores servizos  para o noso municipio. Agora ben, insisten en subliñar que, “os que incumpriron as súas promesas –en referencia a PSOE e BNG- son os menos indicados para reclamar agora unha nova residencia”

Finalmente o Partido Popular lembrou que nesa política de “esperpento” na que parecen instalados os socialistas e  nacionalistas locais, chegaron incluso a manifestarse –esta vez por separado e en días distintos- solicitando a posta en marcha da nova Escola Infantil, cando a Xunta xa tiña prevista a data para súa entrada en servizo. Socialistas e nacionalistas situáronse detrás da pancarta unha vez máis aínda que semanas despois tiveron que levar este asunto a Pleno, e recoñecer que aínda non tiñan os deberes feitos, e ratificar a cesión do local da Escola á Xunta, porque aínda non o fixeran oficialmente. Esperamos que neste caso non pase  o mesmo.

Exit mobile version