Nota de prensa:
O PP abstívose na votación sobre o pago das facturas pendentes declinando toda a responsabilidade no Equipo de Goberno
Foz, 30 de outubro de 2010.- O voceiro local do PP de Foz, Pedro Fernández Manín, deu conta da posición do seu Grupo Municipal en relación co varios asuntos tratados no pleno da Corporación celebrado o día 28 de outubro. Máis en concreto explicou os motivos da abstención do PP nos puntos relativos ao recoñecemento e pago de facturas pendentes, e sobre as mocións presentadas pola súa formación política para o arranxo de varias estradas e dunha fonte pública.
O Partido Popular, tal e coma había manifestado no pleno de setembro de que para tratar de novo este tema tiña que haber algunha variación no mesmo, se non o considerariamos pechado, polo que unha vez que por parte do Sr. Alcalde retirou do paquete inicial facturas que tiñan reparos de intervención insalvables que impedían aprobar as demais facturas que estaban correctas, decidimos abstenernos na votación sobre o pago de facturas pendentes, declinando iso si toda responsabilidade “xurídica e administrativa” no Equipo de Goberno e, nomeadamente na súa Alcaldía. Os populares adoptaron esta posición despois de reclamar a información pertinente sobre as facturas do novo expediente que tiñan incidencias por parte de intervención. No P. P. adoptaron unha posición coherente co previsto na nova lei que establece un prazo máximo regrado de 55 días para o pago aos provedores, e o aconsellado nos informes técnicos correspondentes. Os populares consideran que non ten sentido algún que aquelas empresas e pequenos autónomos que traballan co Concello “sexan quen paguen e sufran na súa contabilidade propia as consecuencias da mala xestión que caracteriza á Alcaldía de Foz”.
Unha das preocupacións principais dos populares neste ámbito era comprobar si os traballos que describían as facturas estaban feitos, algo que resultou acreditado segundo a información facilitada polos servizos de supervisión económica municipal, ademais dos informes técnicos e si foran ordenados pola administración. Fernández Manín indicou que o Alcalde “non pode botar ás culpas aos demais da súa mala xestión, e indicou que as modificacións de créditos ás que está obrigado o Concello para pagar as facturas “son consecuencia da mala forma que ten este goberno de xestionar os asuntos municipais cuns fondos cada vez máis miúdos, ademais da falta de xestión e continuidade ata o final para cobrar algunhas débedas que datan de varios exercicios xa pechados.