O GMPP: “os veciños están fartos das mentiras e enganos de Nieves Cando”.
Os populares cren que ela e o propio BNG deben recapacitar sobre a súa conducta.
Consideran que Cando xa non tén ningunha credibilidade.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que “está farto de aguantar as mentiras reiteradas da concelleira nacionalista burelesa Nieves Cando e os seus enganos permanentes”. Nieves Cando afirmou que a obra do novo campo de fútbol xa estaba entregada á Xunta, pero que non se podía usar porque tina que ser primeiro inaugurada, cando as dúas cousas son mentira: legalmente a instalación non se pode usar en tanto en canto non é recibida pola Xunta e entregada ó concello. É máis, os populares lembran que a Xunta dixo que recepcionará a obra en breve, como administración contratante, e que inmediatamente lle será entregada ó concello para uso e disfrute de todos os deportistas bureleses que o desexen. Igualmente, Cando minte cando afirma que o concello abonou inmediatamente a parte correspondente do presuposto, noventa mil euros, xa que o concello pagou ante as reiteradas peticións feitas pola Xunta: tanto é así que hai unha petición feita por escrito pola Xunta no mes de xuño do presente ano.
O GMPP considera “penoso que esta persoa teña que chegar a mentir para atacar á Xunta, no que se refire ó uso do novo campo de fútbol, o que demostra o estado de nerviosismo no que está esta muller; mentira que non nos sorprende, porque xa minteu cando foi das autopsias (lémbrese o tráxico suceso do acantilado de Nois), como consta nos medios informativos”. Estado de nervios que mesmo traslada ós plenos, xa que ultimamente tén un comportamento excesivamente agresivo. Para o PP, “o que debería facer é manter unha postura institucional porque ela mellor ca naide sabe que gracias á Xunta do PP se fixo a obra do campo de fútbol e que a coincidencia de bipartitos no concello burelés e na Xunta non foi capaz de mover nin un só papel para facer realidade unha instalación deportiva que fora solicita polo goberno municiapal burelés do PP en marzo de 2007”.
O GMPP afirma que, ademais de mentir, Nieves Cando practica o engano masivo ós cidadáns: di que se preocupa polos servicios sociais e tén que devolver cincuenta mil euros destinados para dependencia por non ser capaz de gastalos. Di que se preocupa pola cultura e resulta que non dá subvencións para as asociacións, ainda que baixo cuerda axúdalles a certos colectivos vinculados co Bloque. Di que se preocupa polo deporte e resulta que os clubes ainda non cobraron a parte correspondente das escolas deportivas de xaneiro a xuño do pesente ano. Di que se preocupa polas familias necesitadas e tarda nove meses en pagar as axudas dos corenta euros. Ademais de mentir, Nieves Cando xa non tén ningunha credibilidade.
Desde o PP, pedímoslle a Nieves Cando que reflexione sobre o seu preocupante comportamento, porque con el está a perxudicar claramente a Burela e ós seus veciños e veciñas. Mesmo o BNG debería reflexionar sobre o comportamento de Cando, porque é totalmente contrario ós seus intereses. Pero sobre todo o que lle pedimos a Nieves Cando é que actúe con prudencia, ética, e rigor, porque, de momento, ainda ocupa un posto de responsabilidade de goberno, e a el é ó que se tén que adicar. Incluso o alcalde, como máxima autoridade municipal, debería de chamala a capítulo, algo que evidentemente non ocurrirá, dado o pouco carácter e apatía do propio alcade e a súa total ausencia de mando dentro do bigoberno burelés.