Nota de prensa:
O GMPP: “o alcalde e a FEGAMP, únicos responsables dos retrasos no cobro das aportacións da Xunta para a UAD”.
Os populares aseguran que a FEGAMP asinou os convenios e tiña a obriga de tramitar as xustificacións pertinentes.
Consideran que o alcalde non pinta nada nos órganos directivos da FEGAMP e segue buscando enfrontamentos coa Xunta.
O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela asegurou hoxe que o alcalde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGMP) son os únicos responsables dos retrasos no cobro das aportacións da Xunta de Galicia á Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD). O alcalde de Burela tiña manifestado nas últimas semanas o seu enfado coa Xunta por tales retrasos, chegando a culpar directamente á Xunta de que o concello tivese que financiar o funcionamento da UAD.
Pois ben, os populares aseguran que un escrito remitido pola FEGAMP o pasado día dezaoito de outubro, que tén o número 7.813 de rexistro de entrada no concello burelés do día dezanove, comunícalle ó concello que entra en vigor un “novo protocolo” para axilizar os pagos por parte da Xunta ós concellos que contan con UADs; deste xeito, será preciso remitir antes do día trinta de outubro a xustificación correspondente para poder percibir o primeiro pago, e antes do día trinta de novembro para poder percibir o segundo pago. Pero fai constar explicitamente que as xustificacións serán remitidas directamente á Xunta, en vez de seren remitidas á FEGAMP.
Do escrito, dedúcese que foi a FEGAMP a institución que asinou o convenio coa Xunta para a financiación do funcionamento da UAD, e que era a FEGAMP a que tina que negociar e trasladar a documentación, cousa que polo que se ve non debeu facer de forma axeitada xa que se acorda “novo protocolo” que vai supoñer “unha importante millora”.
O texto íntegro é o seguinte:
“Seguindo instruccións do presidente da FEGAMP comprázome en comunicarlle que, froito das negociacións entre esta Federación e a Consellería de Sanidade, vimos de acordar um novo protocolo no circuito de documentación xustificativa dos pagamentos derivados dos convenios de prevención e atención de drogodependencias.
Deste xeito a devandita documentación xustificativa dos gastos ha de ser remitida directamente, e sen pasar pola FEGAMP, ao Servicio de Drogodependencias da Dirección Xeral de Saúde Pùblica e Planificación.
Esta remisión directa supón unha importante millora na xestión do convenio por canto acurta os prazos para a percepción das correspondentes achegas económicas e supón facer máis operativo o convenio.
Lembrámoslle que para poder recibir un primeiro pagamento parcial a documentación debe de estar remitida antes do 30 de outubro de 2010 e para un segundo e último pagamento parcial, ou pagamento final único, debe ser remitida antes do 30 de novembro de 2010”.
Polo tanto, as declaracións do alcalde só cabe encadralas dentro da mentira, buscando culpabilizar á Xunta dun procedemento que era responsabilidade única da Fegamp e buscando, polo tanto, enganar ós cidadáns e enfrontamentos coa Xunta. Ou ben encadralas dentro do descoñecemento dunha persoa que ainda estando en certos órganos da FEGAMP resulta que non se debe enterar de moito.
A financión que aporta a Xunta correspóndese coa totalidade do custo de funcionamento da UAD, incluidos os gastos de persoal, que este ano ascenderá a 217.000’00€.