Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela reuniuse con representantes do club baloncesto e da S. D. Burela

Nota de Prensa

O GMPP: “o bipartito burelés debe cumplir os compromisos cos clubes deportivos”.

Os populares pedirán que os presupostos municipais recollan “con nome e apelidos os convenios cos clubes”.

O GMPP de Burela segue mantendo reunións con colectivos.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela está a manter nestes dias unha serie de reunións con colectivos económicos, sociais, culturais e deportivos do concello, co ánimo de coñecer cales son as necesidades actuais destes colectivos e analizar as posibilidades que se dan para a súa solución.

Así, se días pasados o GMPP, encabezado polo seu portavoz José  María González Barcia, se reunía coa Asociación de Veciños O Vencello, con representantes de ABSA e da Confraria, hoxe, venres, mantiña unha reunión cos presidentes do Clube Baloncesto Burela e da S. D. Burela, para coñecer de primeira man a realidade dos clubes e tamén dar alternativas.

Deste xeito, o portavoz do GMPP puido constatar que hasta o día de hoxe os clubes ainda non recibiron nin un só euro do comprometido polo concello para as escolas deportivas do período correspondente ó primeiro semestre do presente ano. Esto está a orixinar un desfase na liquidez dos clubes, o que provoca graves problemas á hora de efectuar os pagos, e mesmo plantexarse cobrarlle ós inscritos nas escolas deportivas destes clubes, algo que xá está a facer a S. D. Burela.

Pola súa banda, o GMPP, a través do seu portavoz José María González Barcia, trasladoulles a súa intención de pedir que nos próximos presupostos municipais se contemplen con nomes e apelidos estes convenios, para garantir que o concello, ainda nestes tempos de crise económica aguda, abone as aportacións económicas ás que se compromete documentalmente.

Nos próximos dias, o PP reunirase co Burela Fútbol Sala e con outros colectivos da localidade.

Exit mobile version